Denuncia acoso e trato discriminatorio
27/05/2017

B.J.H., preso no cárcere de Puerto III (Cádiz) mantén prolongada greve de fame, que afecta gravemente a súa saúde con perda de 25 kgs. de pexo, para denunciar confiscación das súas pertenzas, trato discriminatorio e rigor punitivo inxustificado. A sua nacionalidade de orixe pode ser a causa da persecución a que asegura estar sometido.

Ler o artigo completo


Despois de 41 dias
27/05/2017

Hoxe (27/05) as presas e presos palestino-as en greve de fame desde o 17 de abril suspenderon o seu protesto despois de o comité de greve ter chegada a un acordo co servizo de prisións de Israel, que aceptou cumprir as demandas do colectivo, segundo declarou  Issa Qaraqe'a, representante da asociación Prisioneiros Palestinos a La Voz de Palestina e Maan.

Ler o artigo completo


Identificacións policiais por perfil étnico
26/05/2017

Hai uns días foi presentada demanda contra o Reino de España perante o Tribunal Europeo de DDHH por identificación de perfil étnico, práctica policial tan ilegal como estendida no estado español. Z.M., afincado en Santa Coloma e a quen a policía parou por ser "negro e punto", culminou un périplo xudicial emprendido con SOS Racisme Catalunya e Open Society Justice Initiative,

Ler o artigo completo


Contra varias internas do Centro Penitenciario
24/05/2017

A Fiscalía pide 4 anos de prisión para 2 funcionarios por un suposto delito contra a liberdade sexual (continuado no caso dun deles) de varias internas do C.P. de Brieva (artigo 443.2 e no 74 do Código Penal.). O xuízo será na Audiencia Provincial do 25 ao 29 de setembro. A Fiscalía solicita tamén para os 2 funcionarios 12 anos de anos de inhabilitación.

Ler o artigo completo


Denuncia Cadro do Persoal do 112
24/05/2017

“Desde que a central de emerxencias foi deslocalizada [á Estrada] os tempos de resposta ante as emerxencias disparáronse, ralentizando a xestión dun servizo público esencial para a cidadanía en que a rapidez na mobilización de recursos resulta decisiva", denuncia o persoal do 112, que pede sexan depuradas responsabilidades por gasto neglixente e deterioramento do servizo.

Ler o artigo completo


Convoca Ceivar
23/05/2017

Ceivar convoca para a próxima sexta-feira (26/05) concentraçons em apoio das reclamaçons dos presos e presas independentistas: reconhecimento da condiçom de prisioneiras políticas, fim da dispersom penitenciária, reagrupamento numha prisom em território galego, cessamento da reclusom em centros de menores, melhora geral das condiçons de vida no encerro. 

Ler o artigo completo


Detido en operativo ordenado por Grande-Marlaska
23/05/2017

A.M. foi detido en 2010 no cadro dunha ampla operación policial ordenada polo xuíz da Audiencia Nacional española Fernando Grande-Marlaska xunto con outras 13 persoas. A maioría denunciou torturas. 7 anos despois un xulgado de Madrid chamou declarar 7 policías que participaron no arresto. A causa foi arquivada en máis dunha ocasión, en Iruñea onde A.M. e en Madrid.

Ler o artigo completo


Iván Prado - Portavoz de Pallasos en Rebeldía
23/05/2017

A partir de hoxe, 23 de maio, na Carpa de Arribas Circo, Iván Prado, portavoz de Pallasos en Rebeldía, manterá un xexún de apoio á/os presa-as palestina-os en greve de fame desde o 17 de abril, entre os que se encontra Abu Sakha, clown colaborador do Festiclown Palestina. Despois Prado peregrinará de Xixón a Compostela informando polo camiño das políticas represivas de Israel

Ler o artigo completo


Tribunal Supremo confirma a sentenza
23/05/2017

O TS confirmou as sancións de 7 e 6 meses de suspensión que o Tribunal Militar Central impuxera a un sarxento da Garda Civil e a un axente por irromperen nun prostíbulo da Guarda, bébados e a altas horas da madrugada, esixindo sexo gratis. As sancións aplícanse por abuso de atribucións con grave dano. Un "modelo negativo do que debe ser calquera servidor público".

Ler o artigo completo


Posíbel vulneración do dereito á defensa
23/05/2017

Con data 5 de abril deste ano, a deputada Rocío de Frutos (PSdG-PSOE) rexistrou no Congreso escrito en que formula tres preguntas a Institucións Penitenciarias relativas á situación vivida polo avogado Fernando Blanco e a avogada Yolanda Ferreiro no cárcere de Teixeiro o 30/12/2016, cando lles foi impedida a comunicación con tres presos do módulo de isolamento.

Ler o artigo completo