07/10/2006

Coincidindo con o primeiro aniversário dos lutuosos acontecimentos que tiveron lugar na fronteira de Marrocos e Melilla o pasado ano, cando un grupo de migrantes saltou o valado que separa os dous territórios e foi duramente reprimido por axentes dos corpos de seguranza dos dous estados, diversas asociacións europeas e africanas organizaron actividades en ambos os continentes en memória das persoas mortas naquela acción e posteriores actuacións represivas dos respectivos governos.

Entre as iniciativas solidárias destaca a publicación do excelente traballo de Migreurop, O Libro Negro de Ceuta e Melilla, que inclui fotografias, análises e testemuños das próprias persoas migrantes.

O texto pode ler-se na íntegra (en francés) en www.migreurop.org.

Ler o artigo completo


06/10/2006

A advogada Florinda Baptista denuncia que os Serviços de Estrangeiros e Fronteiras de Portugal raptaron o 28 de Setembro último un seu cliente, o cidadán arxelino Sofiane Laib, para –despois de ter sido interrogado polo FBI en Lisboa- o entregaren à CIA.

O Sr. Laib foi enviado a Madrid, en cuxo aeroporto ficou retido, e despois transladado a Arxélia, onde corre sério perigo de ser torturado.

Ler o artigo completo


06/10/2006

A Coordenadora Catalá para a Prevención da Tortura emitiu un comunicado e dirixiu-se ao Sr. Jan Malinowski (Comité Para a Prevención da Tortura e outros Tratamentos ou Penas Degradantes do Consello de Europa) para manifestar a sua indignación pola distinción de que foi obxecto o dia 5 do mesmo mes un membro do Corpo de Funcionários de Prisións da Generalitat condenado por maus tratos a persoas presas.

Manuel Allué Pastor foi condecorado no decurso de unhas Xornadas Penitenciárias organizadas pola UGT con participación do Secretário Xeral de Servizos Penitenciários do governo catalán.

Ler o artigo completo


05/10/2006

Frente à legalización da tortura e a anulación de direitos constitucionais sob a lei recentemente aprovada polo Congreso dos EUA e promovida polo governo de George W. Busch, un elevado número de persoas do mundo da cultura, a política e a defensa dos direitos e liberdades públicas, denuncian o que consideran un paso en dirección ao estado tiránico e a urxéncia de resgatar a democracia neste país e convocan numerosos actos de protesta.

O seu lema: O mundo non pode aguardar (www.worldcantwait.net)

Ler o artigo completo


14/09/2006

Fortress Europe, publica, e revisa diariamente, as notícias aparecidas na prensa europea sobre persoas que morren tentando entrar en Europa através de algunhas das suas fronteiras. O resultado desta revista de prensa diária non pode ser mais estremecedor: desde 1988 o número de mortes eleva-se xa a 5.511 persoas, delas 1.782 desaparecidas no mar.

Ler o artigo completo


11/09/2006

O pasado dia 6, Luís Amado, ministro dos Negócios Estranxeiros de Portugal, confirmou que o governo coñecia a utilización pola CIA do espazo aéreo portugués e de alguns aeroportos.

A eurodeputada Ana Gomes difundira o dia 5 unha carta en que Freitas do Amaral, anterior titular do ministério, recoñecia que mais de unha centena de vóos realizados por cerca de 10 avións da axéncia norte americana, que ian alterando as matriculas de ano para ano, aterraran en aeroportos portugueses.

Ler o artigo completo


03/09/2006

Texto da convocatória da concentración organizada pola Comisión de Denúncia de Galiza en protesta polo tratamento que os servizos médicos do Centro Penitenciário de Teixeiro dispensaron a Xosé Tarrio, morte neste cárcere o 2 de Xaneiro de 2005.

“Xosé Tarrío morreu de cárcere o 2-1-2005. Entrou a cumplir condena de 2 anos e medio. Tivérono 14 anos na cadea, 12 deles en AILLAMENTO. Sendo portador i enfermo do VIH desde 1989, Xosé non recibiu tratamento axeitado con medio corpo paralizado. Os servicios médicos do Centro Penitenciario de Teixeiro recéntanlle unha aspirina “dicindo que era gripe”. Varios meses despois, o ingresan no Hospital Xoán Canalexo de A Coruña onde outro erro máis no diagnóstico, provocou e acelerou a súa morte.”

Lugar, dia e hora da concentración: 27 de Setembro. Às 12:00 horas. Diante do SERGAS. Edifício Administrativo de San Lázaro. Compostela.

Ler o artigo completo


03/09/2006

Perante o anúncio feito pola Sra. Fernández de la Vega da iintención do governo español de elaborar e aprovar de imediato un chamado Plano Nacional de Direitos Humanos, várias asociacións civis asinan un escrito solicitando a criación de un espazo en que "os diversos actores involucrados na defensa dos direitos humanos podan contribuir con propostas e medidas" para entre todos se deseñar unha politica de direitos mais acorde con as necesidades sociais.

Ler o artigo completo


02/09/2006

O Grupo de Estranxeiros do Corpo Nacional de Polícia da Coruña iniciou expediente sancionador de expulsión contra 14 dos 16 vendedores subsaarianos detidos o 29 de Agosto na Rua Real desta cidade tras unha operación policial unanimemente calificada de brutal polas persoas que a presenciaron. Segundo as testemuñas, os axentes –despois de bloquearen os extremos da rua- arremeteron contra os imigrantes agredindo-os de maneira inxustificada e sen estes ofereceren resisténcia algunha.

Ler o artigo completo


01/09/2006

A raiz da queixa apresentada polos EUA, sete estados da UE(Alemaña, Dinamarca, Irlanda, Noruega, Suécia, o Reino Unido e o Estado Español) manifestaron estar dispostos a reducir as esixéncias do que seria unha “adecuada” protección de dados no intercámbio de información persoal con terceiros países.

Ler o artigo completo