05/03/2006

Despois que o Tribunal Constitucional dera a razón a un sub-inspector da Polícia Nacional en Málaga, que se negou a obedecer a orde de asistir a actos relixiosos, agora é o Xulgado núm. 1 do Contencioso-Administrativo de Castellón que dita sentenza a favor de Ángel Torres, Intendente-Chefe da polícia local da localidade de Vila-Real, que reclama o seu direito a non desfilar en procisións e a non participar en nengun tipo de actos relixiosos, dentro ou fora dos lugares destinados ao culto.

Ler o artigo completo


05/03/2006

Unhas 3000 persoas de mais de 30 países e numerosas asociacións dos cinco continentes solicitan ao governo italiano a imediata suspensión dos procedimentos xudiciais e disciplinares seguidos contra o xuiz Luigi Tosti, membro do Tribunal de Camerino (Itália), asi como a sua reincorporación às funcións e tratamento de que foi suspendido no mes de Xaneiro por decisión da sección disciplinar do Consello Superior da Maxistratura.

Luigi Tosti fora xa anteriormente condenado a 7 meses de prisión e 1 ano de proibición de frecuentar as salas públicas por negar-se a realizar o seu traballo baixo símbolos relixiosos.

Ler o artigo completo


05/03/2006

The New York Time apresentou demanda contra o Departamento de Defensa dos EUA perante o Tribunal Federal de Nova York por o Pentágono negar-se a desclasificar os documentos relativos à autorización de George W. Bush para que a Axéncia de Seguranza Nacional pudese espiar comunicacións telefónicas e electrónicas de particulares sen autorización xudicial.

Ler o artigo completo


05/03/2006

O pasado 25 de Xaneiro, Mamadou Kane, o cidadán senegalés que foi detido ilegalmente por catro axentes da polícia local de Vigo e conducido a un monte das proximidades onde os axentes o insultaron e mallaron nel, interpuxo recurso contencioso-administrativo contra os Reais Decretos que acordaron o pasado mes de Novembro o indulto destes funcionários condenados por maus tratos.

Ler o artigo completo


05/03/2006

O Movemento polos Dereitos Civís puxo en coñecimento do Defensor del Pueblo, da Delegación do Governo, da Fiscalia, do Ministério do Interior e da Axéncia Española de Protección de Dados a notícia recollida por un xornal coruñés o pasado dia 25 de Xaneiro por se os feitos que nela se relatan pudesen ser constitutivos de delito.

Segundo este xornal, axentes da Polícia Nacional terian facilitado fotografias de persoas suspeitas de seren as autoras de alguns roubos de carteiras cometidos nos últimos tempos no transporte público da cidade aos condutores dos autocarros que cobren a liña 2 (entre Porta Real e Os Castros) e a liña 5 (entre Adormideras e a Cabana).

Ler o artigo completo


23/02/2006

Human Rights First (HRF) acaba de facer público o primeiro relatório que en que se tenta recoller o total de número mortes de persoas detidas polos EUA en Afeganistán e no Iraque: Command's Responsibility: Deaths in U.S. Custody in Iraq and Afghanistan.

HRF denuncia a impunidade de que gozan os mandos militares do exército estado-unidense e oferece números decerto arrepiantes:

Ler o artigo completo


22/02/2006

O próximo dia 23 Statewatch, Human Rights Watch e Amnistia Internacional, manterán unha reunión de traballo con o comité do Parlamento Europeu responsável da investigación do posível uso por parte da CIA do território europeu para deter e transladar ilegalmente prisioneiros.

Mais información: aqui.

Ler o artigo completo


22/02/2006

No local do Centro Cultural Auriense, tivo lugar o pasado martes, dia 20, unha charla sobre “Limites do Direito Penal. O Macro-xuízo do Sumário 18/98”, organizada por EsCULcA.

Ler o artigo completo


22/02/2006

O Pleno do Parlamento aprovou a tomada en consideración da “Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos”, que a Comisión Promotora apresentou avalada por mais do duplo das asinaturas requeridas por lei.

Desde que en 1988 fora regulado o direito da cidadania galega a apresentar proposicións de lei, é esta a segunda vez (a primeira procurava a criación da área sanitária do Salnés) que o Parlamento Galego aprova por maioria tomar en consideración unha Iniciativa Lexislativa Popular.

Mais información sobre a lei que regula este direito (Lei 1/1988) e os avatares das 14 Iniciativas apresentadas até 2005, no Boletin de EsCULcA, núm. 9, pp.6-8.

Ler o artigo completo


17/02/2006

Roger Vleugels, experto holandés en Direito de Aceso à Información, acaba de publicar unha relación de estados que contan con algun tipo de LAI (Lei de Aceso à Información). Realizada con a colaboración de Freedom of Information Advocates Network (Foia Network), a recompilación de Vleugels clasifica os estados en 4 grupos:

Ler o artigo completo