31/08/2005

Manter recluída unha persoa en detención secreta, sen revelar a sua sorte e paradeiro, é un acto de tortura contra ela e a sua família que constitui en si mesmo violación de direitos humanos e pon a persoa “desaparecida” en perigo de sofrer outras torturas e maus tratos.

Segundo documentan vários relatórios oficiais dos EE.UU., un número indeterminado de persoas detidas na “guerra contra o terror” están recluídas sob custódia secreta en prisións descoñecidas ou en locais ocultos das prisións oficiais para asi as substrair ao controlo do Comité Internacional da Cruz Vermella.

Ler o artigo completo


30/08/2005

Entre os dias 24 e o 27 de Xuño tiveron lugar en Istambul as últimas sesións do Tribunal Mundial sobre o Iraque, integrado por un total de 54 xuristas pertencentes a numerosos países, entre eles o próprio Iraque, os EE.UU. e a Gran-Bretaña.

Ler o artigo completo


30/08/2005

Ugio Caamanho, militante independentista en prisión preventiva en Soto del Real, apresentou o 24 de Agosto denúncia por maus tratos contra vários funcionários deste centro penitenciário. Segundo a denúncia, os funcionários levaron Ugio Caamanho ao módulo de isolamento e ali, encanto un deles o levantava segurando-o polo pescozo, os outros mallavan nel urxindo-o a despir-se. Ao ser conducido novamente à cela pudo comprovar que as suas pertenzas foran espalladas polo chan.

Ler o artigo completo


23/08/2005

A reivindicación do direito a saber converteu-se nos últimos anos nun movimento de alcance global que comezou xa a dar resultados salientáveis Por unha parte, o despertar de unha consciéncia cada vez mais ampla da importáncia que para a sociedade ten poder aceder à información dos poderes públicos, pola outra a aprovación en diferentes países de leis que regulan este direito.

Ler o artigo completo


23/08/2005

O próximo 15 de Setembro, no Auditório Afonso de Barros de Lisboa, terá lugar a Conferéncia: “Instituições Sociais e a Justiça Social –o caso da Prisão de não-nacionais”. A Conferéncia é unha dupla celebración, por umha parte apresenta as conclusións de un proxecto multidisciplinar sobre “Prisão de não-nacionais” e pola outra anuncia a primeira edición (2005/06) de un curso de mestrado sobre “Instituiçoes Sociais e a Justiça Social”.

Ler o artigo completo


23/08/2005

Celso Arosa Gaspar, interno no cárcere de Vigo, foi ingresado en coma na Clínica POVISA a consecuéncia das graves queimaduras que sofreu na sua cela pouco despois de ter explicado a un funcionário do centro as razóns da sua auséncia no reconto diário.

Ler o artigo completo


23/08/2005

O 21 de Xuño, Miro Fernández foi hospitalizado na enfermeria do cárcere da Lama despois de engolir duas pillas e queimar o colchón da sua cela. O interno, que padece Sida, pretendia asi protestar polas duras condicións a que estava submetido na cela de isolamento onde fora recluído a raiz de un altercado con outro interno de orixe árabe. Durante os meses que se prolongou a sua reclusión neste módulo as suas defesas desceron de 255 a 6 devido sobretodo, ao que parece, a falta de atención médica adecuada.

Ler o artigo completo


27/07/2005

Várias decenas de exilados afgáns que chegaron a Franza e Gran-Bretaña en procura de asilo serán “reenviados” a Cabul en breve. As asociacións de defensa dos refuxiados adverten que a expulsión é iminente e recordan que os ministros de interior do G5 (Alemaña, o Estado español, Franza, Itália e o Reino Unido) xa anunciaran na reunión de Evian (4-5 de Xullo) a sua intención de mutualizar as forzas e organizar vóos charters para expulsións en grande escala de estranxeiros.

Quen quixer sumar-se à denúncia, pode facé-lo en La démagogie des charters. Un renvoi imminent d’exilés Afghans vers Kaboul?

Ler o artigo completo


27/07/2005

Os dias 29 e 30 do próximo mes de Setembro, organizado polo Monash Institute for the Study of Global Movements (www.arts.monash.edu.au/ncas/democracy ) terá lugar en Prato (Itália) un foro internacional en que, sob o título A democracia na encrucillada? Contra-terrorismo e estado, serán postas a debate algunhas das medidas que toman os governos na chamada “guerra contra o terror”.

. lexislación anti-terrorista e estado de seguranza,

. o império da lei sobre o terreno e na lexislación,

. a politica de terror global,

. tortura, crimes de guerra e Convencións de Xenebra,

. a criación da figura do “non cidadán”,

. xornalistas incrustados, dentro e fora do estado.

Confirmaron xa a sua asisténcia: Tariq Ali, autor de The Clash of Fundamentalisms: crusades, jihads and modernity (2002) and Bush in Babylon (2003), Dr Marjorie (Mo) Mowlam, John Pilger, Sir Nigel Rodley KBE, John Keane, Tony Bunyan (Statewatch UK), Martin Woollacott (The Guardian), W. Wesley Pue, Thomas Mertens, Reem Bahdi, George Williams, Tony Coady, Lex Lasry QC, Stephen Kenny, Dr Ben Saul, Dr Guy Goodwin-Gill, Phil Scraton, Jenny Hocking, Colleen Lewis.

Ler o artigo completo


21/07/2005

Peter Hustinx, Supervisor Europeu para a Protección de Dados, acaba de publicar un guia prático para o correcto exercício destes dous importantes direitos: Transparency vs. Data protection?.

"A transparéncia e a intimidade son direitos básicos e un non pode prevalecer sobre o outro", afirma Hustinx. "En caso de conflito "a solución há encontrar-se nun exame cuidadoso de ambos os princípios".

Ler o artigo completo