Antes de permitir entrada no país
31/01/2017

The Independent ecoa a denúncia da advogada Mana Yegani, da Associação Americana de Advogados de Imigração residente em Houston, que  acusa o governo de estar a deter pessoas com visto legal de entrada nos Estados Unidos e de os interrogar sobre as suas crenças políticas, baseando-se nos conteúdos dos seus perfis no Facebook, antes de lhes permitir entrada no país.

Ler o artigo completo


À Oficina do Defensor del Pueblo
31/01/2017

Rosa Verdugo Matês, presidenta de EsCULcA, apresentou Queixa o passado 25 de janeiro junto da Oficina do Defensor del Pueblo em que solicita seja incoado expediente por infraçom  no Centro Penitenciário de Teixeiro do direitos de vários presos a comunicarem com advogada/os expressamente chamada/os. Direitos fundamentais consagrados nos artigos 10 e 24 da CE de 1978.

Ler o artigo completo


Afirma Relator Especial da ONU
30/01/2017

“Sen dúbida algunha, o waterboarding é tortura”, afirma Nils Melzer, Relator Especial para a Tortura das Nacións Unidas, en declaracións feitas o 30 de xaneiro. O experto da ONU demanda ao presidente dos EUA, Donald Trump, que  reconsidere a decisión de aceptar o waterboarding e outros métodos de tortura como técnicas legais de interrogatorio.

Ler o artigo completo


Estreleiras, bufandas, camisolas...
30/01/2017

Non é a primeira vez, e non parece que vaia ser a derradeira, que se prohibe entrar nun estadio de fútbol persoas coa estreleira ou outros elementos que os membros de seguranza ou das forzas policiais identifican como nacionalistas. Agora foi a vez do Butarque, o estadio do Leganés, onde requisaron bufandas, camisolas con tríscele... e unha bandeira das 7 nacións celtas.

Ler o artigo completo


Organizado por EsCULcA
30/01/2017

Organizado por ESCULCA e com a colaboraçom de www.bitnos.info, celebrou-se em Compostela nos passados dias 21 e 22 de Janeiro um curso intensivo de privacidade e segurança digital dirigido a activistas e militantes de movimentos sociais. A actividade é resposta à preocupaçom pola espionagem maciça da cidadania por parte dos poderes políticos e económicos.

Ler o artigo completo


Pede tamén autopsia con garantias
28/01/2017

J.A.S.B. morreu o 14 de outubro pasado no módulo de isolamento da macrocárcere de Zuera (Zaragoza). Achárono os funcionarios cando abriron a porta da cela para a primeira contaxe da mañá. Estaba espido, no chan, preto do micrófono do interfono da cela, que non funcionaba. J.A.S.B. denunciaria no penal de Picassent a desconexión nocturna dos micrófonos.

Ler o artigo completo


"Abaixo os muros das prisións"
28/01/2017

O pasado 14/01 un grupo de 60/70 activistas participou na 17ª marcha ao cárcere de Teixeiro para denunciar a situación que se vive no penal e reclamar o encerramento das prisións. A Garda Civil, que pretendeu confiscar a faixa de cabeceira, identificou todas as persoas que se sumaron á marcha. Pola tarde, depois dunha intervención ao pé do Obelisco da Coruña, manifestáronse pola Rúa Real.

Ler o artigo completo


E acabar o muro na fronteira de México
26/01/2017

Uma das medidas ainda em preparação pela administração Trump é a do regresso das prisões secretas da CIA em países onde os suspeitos de terrorismo capturados no Iraque e outros países eram interrogados e torturados durante o mandato de Bush. Segundo um esboço publicado pelo New York Times e o Washington Post, Trump iria também levar novos prisioneiros para a base de Guantanam.

Ler o artigo completo


Ordena a Dirección Xeral da Policía
26/01/2017

A Dirección Xeral da Policía (DGP) anunciou que vai investigar o traballo desenvolvido pola Brigada de Información de Madrid no caso da falsa célula yihadista desmantelada no Nadal, unha operación en que foron detidas dúas persoas que acaban de ser postas en liberdade sen cargos. Nun breve comunicado, a DGP asegura que o sucedido demostra "o normal funcionamento do Estado de Dereito".

Ler o artigo completo


a pesar dos requerimentos da Valedora
26/01/2017

Con data 20/01/ 2017, a Valedora do Pobo contestou a Queixa de EsCULcA relativa á situación do  Centro de Acollida de Menores Hogar San José de las Hermanas de la Caridad de Vigo para informar que, a pesar das dúas demandas "a Consellería de Política Social persiste na súa actitude de non enviar a información requerida". Non precisa se emprendeu algunha outra dilixencia.

Ler o artigo completo