Trump exige que seja retirado
16/03/2017

 Relatório da ONU divulgado nesta quarta-feira acusa Israel de impor um regime de apartheid ao povo palestino. Rima Khalaf, subsecretária-geral da ONU e secretária-executiva da CESAP, destacou que é o primeiro relatório da organização que “claramente e francamente conclui que Israel é um Estado racista que estabeleceu um sistema de apartheid que persegue o povo palestino”.

Ler o artigo completo


Próximo 23 de Abril
15/03/2017

 As 9 persoas encausadas na ‘Operación Jaro’ convocan unha manifestación nacional para demandar o arquivo da causa que a Audiencia Nacional mantén contra elas desde hai 17 meses. Embora revogase en decembro de 2016 a ‘ilegalización’ de Causa Galiza, o tribunal mantén contra elas a acusación de “integración en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo”.

Ler o artigo completo


exige ingreso em prisom próxima à família
14/03/2017

Um preso que cumpre condena no cárcere de Ponent e foi transladado circunstancialmente à Model de Barcelona amotinou-se no telhado deste cárcere para exigir o ingreso num centro penitenciário próximo à cidade, onde reside a sua familia. Segundo a lei, as persoas presas tenhem direito de cumprir a pena no centro prisional mais próximo ao seu contorno.

Ler o artigo completo


Redactor pide amparo ao Comité de Empresa
13/03/2017

O comité de empresa de CRTVG denuncia que o pasado 6 de marzo no programa ‘Galicia Serán’ da Televisión de Galicia emitiron unha noticia “premeditadamente recortada” para eliminar partes que se emitiran na edición do mediodía, feito polo cal o redactor desa peza lle pide amparo. “Eliminaron as críticas á Xunta e un parágrafo da información”, afirma.

Ler o artigo completo


Chaplin, Marylin, Hepburn, Pippi Långstrump...
12/03/2017

Charles Chaplin, Marilyn Monroe, Audrey Hepburn, Agnes Varda, Orson Welles, Kubrick... Son só algúns dos nomes que piden a absolución para as 12 persoas acusadas pola ocupación da compostelá Sala Yago en outubro de 2011 e que van ser xulgadas este 13 de marzo, con peticións de penas que van desde o ano e medio a catro anos e medio de prisión.

Ler o artigo completo


No Parlamento Galego
12/03/2017

O BNG rexistra unha proposición non de lei para debate en pleno e unha pregunta para resposta oral en Comisión sobre a situación das persoas detidas en Galiza sob acusación de integración ou colaboración con organización armada e a aplicación por sistema de dúas medidas punitivas a maiores da derivada da decisión xudicial: a súa clasificación como Fies e a dispersión.

Ler o artigo completo


EsCULcA SOLICITA INFORMACIÓN
11/03/2017

O 10/03/2017 EsCULcA solicitou ao Ministerio do Interior información relativa aos medios disponibilizados para buscar dúas persoas desaparecidas na Galiza no pasado mes de agosto: Diana Quer López-Pinel e Iván Durán Valderde. A demanda fundaméntase na desigualdade observada, e denunciada polos propios familiares, nos dispositivos postos en marcha nun e noutro caso.

Ler o artigo completo


Confiscáralle o material para a venda
09/03/2017

Os testemuños policiais foron decisivos para a xuíza María del Prado García condenar o vendedor ambulante S.M. a cinco anos de cárcere por bater cunha pola un axente da Guàrdia Urbana de Barcelona que lle confiscara un farnel con material para a venda en maio de 2016. Outro vendedor, C.S., foi condenado a dous anos e medio de prisión polo mesmo incidente.

Ler o artigo completo


Plataforma contra a Lei Mordaza
09/03/2017

A Plataforma Non Somos Delito formada por máis de 100 colectivos sociais mostra a súa preocupación polas modificacións propostas por PSOE e PNV para reformar a Lei de Seguranza Cidadá, Lei Mordaza. "Enfrontámonos ao risco de mudar algo para que todo continúe igual evitando entrar nun debate sereno, profundo e articulado sobre o concepto de seguranza cidadá", afirman.

Ler o artigo completo


Denuncias por malos tratos en centro de menores
09/03/2017

O pasado 03/03, a Valedora do Pobo comunicou a EsCULcA que, despois de varios requerimentos e ameazas de apercebimento, recibira finalmente resposta á solicitude de información cursada á Consellaría de Política Social sobre a situación do Centro de Acollida de Menores Hogar San José de Vigo, denunciado hai meses por vulneración de dereitos de menores residentes.

Ler o artigo completo