Confiscáralle o material para a venda
09/03/2017

Os testemuños policiais foron decisivos para a xuíza María del Prado García condenar o vendedor ambulante S.M. a cinco anos de cárcere por bater cunha pola un axente da Guàrdia Urbana de Barcelona que lle confiscara un farnel con material para a venda en maio de 2016. Outro vendedor, C.S., foi condenado a dous anos e medio de prisión polo mesmo incidente.

Ler o artigo completo


Plataforma contra a Lei Mordaza
09/03/2017

A Plataforma Non Somos Delito formada por máis de 100 colectivos sociais mostra a súa preocupación polas modificacións propostas por PSOE e PNV para reformar a Lei de Seguranza Cidadá, Lei Mordaza. "Enfrontámonos ao risco de mudar algo para que todo continúe igual evitando entrar nun debate sereno, profundo e articulado sobre o concepto de seguranza cidadá", afirman.

Ler o artigo completo


Denuncias por malos tratos en centro de menores
09/03/2017

O pasado 03/03, a Valedora do Pobo comunicou a EsCULcA que, despois de varios requerimentos e ameazas de apercebimento, recibira finalmente resposta á solicitude de información cursada á Consellaría de Política Social sobre a situación do Centro de Acollida de Menores Hogar San José de Vigo, denunciado hai meses por vulneración de dereitos de menores residentes.

Ler o artigo completo


Inhumano e ilegal
08/03/2017

"O isolamento só será aplicado en casos excepcionais como último recurso, durante o menor tempo posíbel". Facer visíbeis os impactos psicolóxicos de estar grande parte do día nunha cela e denunciar que as administracións actúan en contra da normativa internacional é o que pretende a Coordinadora per la Prevenció i Denúncia de la Tortura coa súa campaña de 21 horas

Ler o artigo completo


Novas revelacións da Wikileaks
07/03/2017

Ao descuberto a manchea de códigos que permiten o acceso a aparellos como os Iphone (Apple) ou aos sistemas operativos Android (Google) ou Windows (Microsoft) ou aos micrófones das smart tv de Samsung. Toneladas de información -por volta de 8.000 páxinas- foron reveladas esta terza feira por Wikileaks. A CIA, máis espida que nunca.

Ler o artigo completo


Aprova acoso judicial por queimar a sua imagem?
07/03/2017

Despois de saber-se que a AN chama a declarar o activista R.N. por ter divulgado nas redes umha fotografia em que aparece queimando a fotografia de Felipe Borbón, umha carta aberta colectiva insta o rei de Espanha a manifestar a sua opiniom sobre o dispêndio económico e o despropósito democrático que supom perseguir quem critica a instituiçom monárquica.

Ler o artigo completo


Por vídeo en favor da liberdade de expresión
06/03/2017

R.N., activista compostelán, promotor da plataforma Dereitos Civis, está chamado a declarar na Audiencia Nacional o vindeiro 8 de marzo, acusado dun suposto delito contra as institucións do Estado español. Explica que el o único que fixo foi subir un vídeo ás redes sociais en que apuntaba que o acto gravado (a queima dunha imaxe do monarca) non debía ser considerado un delito.

Ler o artigo completo


Drag Sehtlas denunciado por Abogados Cristianos
06/03/2017

A Fiscalía Provincial de Las Palmas incoou dilixencias de investigación penal contra Drag Sehtlas, Borja Casillas, cuxa actuación durante a gala celebrada a pasada semana no Parque de Santa Catalina da capital grancanaria ('¡Mi cielo yo no hago milagros. Que sea lo que Dios quiera') foi denunciada pola denominada Asociación de Abogados Cristianos.

Ler o artigo completo


Denunciado por Abogados Cristianos
06/03/2017

A Fiscalía Provincial de Las Palmas incoou dilixencias de investigación penal contra o Drag Sehtlas, Borja Casillas, cuxa actuación durante a gala celebrada a pasada semana no Parque de Santa Catalina da capital grancanaria ('¡Mi cielo yo no hago milagros. Que sea lo que Dios quiera') foi denunciada pola denominada Asociación de Abogados Cristianos.

Ler o artigo completo


Obrigados a trabalhar por 1$ -ou nada- ao dia
06/03/2017

É a primeira vez nos EUA que é dada luz verde a uma ação judicial coletiva contra uma prisão gerida por privados. “É reconhecer a possibilidade que uma concessionária do governo pode estar envolvida em trabalhos forçados”, afirma Towards Justice, do Colorado, o estado onde se situa o centro de detenção em causa, com capacidade para 1500 detidos gerida pelo GEO Group.

Ler o artigo completo