Curioso programa da TV1
05/05/2017

Non é costume sermos testemuñas deste tipo de conversas onde mandos policiais e xornalistas discuten sobre o porqué algunhas persoas detidas «cantan» e outras non en dependencias policiais españolas. Esta vez foi o programa Hora Punta de TVE1 que deixou entrever, a pasada cuarta-feira, que no Estado Español algunhas non son interrogadas segundo as normas que marca a lei.

Ler o artigo completo


"España, máis preto de Turquía"
05/05/2017

A Fiscalía chamou a declarar o profesor de Dereito Constitucional da Universitat Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona, Hèctor López Bofill, polas opinións que expresou en Twitter. Segundo consta na citación da Fiscalía que o propio López Bofill subiu á rede social, o ministerio público citou o xurista para prestar declaración "sobre unha serie de "chíos" publicados na súa conta".

Ler o artigo completo


Despois de 14 anos vivindo en Compostela
05/05/2017

O Colectivo Paraguay Resiste lanza un comunicado público sobre o caso do mozo Daniel Vera, expulsado do territorio do Reino de España despois de residir en Santiago de Compostela durante 14 anos continuados. O colectivo busca apoios ao comunicado e anuncia que depositará por rexistro todas as asinaturas recollidas no momento de presentar o recurso.

Ler o artigo completo


Nos EUA provocaron xa máis de 1000 mortes
05/05/2017

A Dirección Xeral da Garda Civil dotará os axentes do Instituto Armado con armas eléctricas "de reducido impacto". Estes dispositivos -que poden chegar a ser letais e son coñecidos polo nome da súa principal produtora, a estadounidense Taser- disparan dous dardos, unidos á arma por cabos, que descarregan 50.000 voltios sobre o obxectivo durante cinco segundos, paralizándoo de inmediato.

Ler o artigo completo


Podería ser sancionada con multa elevada
05/05/2017

"A Xunta corre o risco de ser sometida a fortes sancións", de 300.001 a 600.000 euros, en materia de protección de datos "ao esixir aos empregados públicos datos concretos sobre o seu estado de saúde para a concesión de permisos por doenza e a aplicación dos descontos por incapacidade temporal", afirma CSIF nun comunicado de prensa emitido após denunciar a Xunta.

Ler o artigo completo


Novo retroceso
05/05/2017

Un novo Protocolo de actuación policial elaborado polo Ministerio do Interior e asinado polo secretario de estado de seguranza o pasado 4 de abril contempla a posibilidade de os menores detidos de entre 14 e 18 anos poderen ser sometidos pola policía a "espido integral" para inspeccións físicas "cando concorreren circunstancias debidamente xustificadas que o fixeren necesario".

Ler o artigo completo


Manifestacións populares celebran a unidade
05/05/2017

Onte (04/05/2017), ao entrar no 18º día, decenas de novos presos sumáronse á greve de fame nos cárceres isralís, incluíndo líderes de primeiro nivel de todos os partidos palestinos e o prisioneiro máis antigo (Nael Barghouti).
O compromiso de unidade, recibido con manifestacións populares, foi anunciado en conferencias de prensa simultáneas en Gaza e Ramala.

Ler o artigo completo


Nega a súa extradición
04/05/2017

A Axencia Xudía de Noticias informa que o Goberno de Israel negou definitivamente a extradición á Arxentina de T.A.G., acusado de delitos de lesa humanidade cometidos durante a última ditadura no país suramericano. Desde 2003 vive en territorio israelí, adoptou a cidadanía e mudou de nome (Y.C.). O paradeiro foi dado a coñecer en 2015 por Shlomo Slutzky nun informativo da TV.

Ler o artigo completo


"Prohibir o referendum é ilegal"
04/05/2017

Grupo de xuristas presentaron onte no Col·legi d’Advocats de Barcelona un manifesto de sete puntos en que defenden que prohibir a celebración do referendum é ilegal.  O referendum seria legal dentro da constitución se houbese vontade política mais, se non a houber, non deben ser descartadas outras vias que permitan ao pobo catalán expresar a súa opinión, afirman.

Ler o artigo completo


Tribunal resolve a favor de asociación requerente
04/05/2017

Acces Info Europe (AIE)  informa que o Tribunal Supremo español resolveu favorabelmente a súa solicitude de acceso a documentos relacionados coa participación do goberno no Open Government Partnership (en español: Alianza para el Gobierno Abierto). AIE considera a decisión unha vitoria importante para avanzar na transparencia no Reino de España.

Ler o artigo completo