You are hereXeral

Xeral


Tres persoas detidas esta mañá en diferentes localidades da Galiza

21/06/2017
En Ourense, Vila Boa e Compostela

A primeira hora da mañá, foron detidas por efectivos da Garda Civil un veciño de Ourense (A.), duas persoas en Vila Boa (E.M. e U.C.) e outra en Compostela (I.C.). Ignóranse os motivos de detencion mais os primeiros datos non confirmados sinalan que poderían estar relacionadas coa recebemento a Antón Santos, posto recentemente en liberdade despois de 5 anos de prisón.

A AN prolonga 18 meses mais processo aberto em 2015 contra independentistas

20/06/2017
A defesa recorrerá o auto

O juíz Eloy Velasco, antes de ser substituido polo magistrado Manuel García-Castellón, próximo no seu dia ao Ministro de Justicia Ángel Acebes, quijo deixar pegada no Julgado de Instruçom nº 6 que presidia com um auto que declara “complexa” a causa penal aberta contra Causa Galiza e prorroga 18 meses mais as supostas investigaçons que desenvolve o tribunal de exceçom espanhol.

A decisom de Velasco, que, segundo a defesa, mantivo o processo nestes últimos 18 meses “sem praticar provas”, isto é, sem movimentos substanciais no desenvolvimento da causa penal aberta desde há quase 2 anos, é paradoxal, porque se produz após tombar umha a umha todas as medidas cautelares que ele próprio impujo em 2015 e prolongando a incerteza penal, política e vital que deriva do alargamento do processo.

Reclaman a eliminación das balas de goma dos dispositivos policiais

20/06/2017
No pleno do Concello de Compostela

No último Pleno municipal do Concello de Santiago de Compostela, Rubén Cela (BNG) reclamou o acordo da corporación para demandar a eliminación das balas de goma nos dispositivos das forzas e corpos de seguranza cidadá en operacións relacionadas con mobilizacións cidadás, despois das actuacións controvertidas e perigosas dos axentes na cidade en días anteriores.

Cela lembrou que xa en febreiro de 2013 o seu grupo municipal do levara a debate do Pleno unha moción, que non fora atendida, para reclamar que a eliminación de balas de goma dos dispositivos das forzas e corpos de seguranza nas mobilizacións cidadás. 

Abren investigación sobre uso de arma de fogo no Milladoiro

20/06/2017
Axente da Garda Civil en causa

Un vídeo caseiro mostra como axentes da Garda Civil do Milladoiro (Ames), despois de sorprenderen in fraganti un ladrón que estaba a roubar no interior dun bar,  danlle o alto dúas veces e a seguir disparan. O home cae ao chan. "Se o sei non chamo", lamenta a muller que avisara a Garda Civil e está grabando desde unha xanela a escena ao ver o desproporcionado o uso da arma.

Cando a parella que grava desde o seu apartamento grita sorprendida ao ver que o home cae ao chan. "Caeu ao chan, caeu ao chan, matárono, eh?" ouvese unha voz de home en canto ao fondo hai solouzos e queixumes da muller.

Felizmente o ladrón non estaba morto nin ferido, mais o uso intempestivo de armas de fogo nunha situación observada pola parella que graba a escena, en que o ladrón non tiña posibilidades de escapar, levou á Garda Civil a abrir unha investigación para determinar se o axente se excedeu.

Denuncia roubo da moto e acaba procesado de desobediencia á autoridade

20/06/2017
En aplicación da Lei de Axuizamento Criminal

A historia deste home que en  breve será xulgado por un delito de desobediencia á autoridade comezou co roubo da súa moto. Cando viu que estaba, presentouse na comisaría da Policía Nacional para pór a correspondente denuncia. Aos poucos días, comezaron as chamadas telefónicas dos axentes e os empecillos burocráticos. Agora o Fiscal pede para el 6 meses de prisión.

Poucos días despois da denucnia, «comezaron as chamadas telefónicas dos axentes pedíndome máis datos da subtracción», lembra o agora procesado. Mesmo nunha ocasión un coche patrulla presentouse no seu domicilio para esixirlle nova documentación. Até aí, o normal. Todo dá unha virada cando o asunto chega aos xulgados. «Após unha citación, vou a unha especie de vista previa. Máis tarde chámanme para declarar ante o xuíz.

Graves deficiencias en atención médica e reximental a preso en Teixeiro

19/06/2017
EsCULcA presenta Queixa á Defensora del Pueblo

Queixa urxente de EsCULcA á Defensora del Pueblo sobre preso de Teixeiro con graves patoloxías mentais (epilepsia e transtorno da afectividade), incluído no programa de prevención de suicidios, que non recibe atención psicolóxica nin psiquíatrica, nin apoio de traballador social, e é obrigado a permanecer en cubículo acristalado 23 horas ao dia sen contacto con outros penados.

O pasado día 16 de xuño, Fernando Blanco Arce, avogado de EsCULcA, pudo comprobar a difícil situación en que se encontra  A.M.C.B., interno no cárcere de Teixeiro, por falta de cuidados médicos adecuados e atención do traballador social, a pesar das graves patoloxías (epilépsia e transtorno de afectividade) que padece e as inhumanas condicións da súa reclusión.

Multado deputado despois de tentar mediar entre polícias e manifestantes

19/06/2017
No desfile do Orgulho LGTBI de Múrcia

O deputado no Congresso J.S.S. (Unidos Podemos) foi multado por agentes da PN por nom levar consigo o bilhete de identidade quando participava na manifestaçom do Orgulho LGTBI de Múrcia organizado pola plataforma No te prives. J.S.S. mostrou aos policiais o seu bilhete de deputado mas mas estes, mostrando o seu desprezo, insistirom em pedir o documento de identidade. 

Ao ver vários agentes identificando alguns moços, J.S.S. chegou-se ao grupo com a intençom de averiguar por quê eram sancionados e, sendo o caso, tentar mediar no conflito. Foi aí que os policiais lhe pedirom o bilhete de identidade e, como nom o levava consigo, procederom a sancioná-lo junto com os outros 4 jovens despois de os reterem quase 90 minutos. 

Arquivan denuncia contra o CSO A Insumisa da Coruña

19/06/2017
Fica aberta a vía administrativa para o despexo

A denuncia, interposta hai 6 meses polo Ministerio de Defensa (titular da propiedade do edificio), ficou definitivamente arquivada. O xulgado entende que nin o propietario (Defensa) nin o custodio (Concello) manifestaron intención de expulsar o centro social, nin acudiron a vías administrativas para a súa expulsión, polo que considera que a vía penal non é axustada ao proceso.

Con todo, deixa aberta a vía administrativa para proceder a un despexo.

 Fontes xurídicas aseguran que, no caso de ningunha das dúas administracións afectadas presentar recurso, a vía penal ficaría definitivamente fechada e non podería ser aberta de novo. Isto é así por tratarse dun arquivo libre, non provisorio, o que o converte en definitivo. Con todo, un despexo por vía administrativa, ao tratarse dunha propiedade do estado, non requiriría orde xudicial e podería ser instado polas propias administracións en prazos temporais relativamente curtos.

Denuncian agresións de funcionarios a preso na enfermaría do penal

19/06/2017
Ingresara por probábel ictus

A familia de L.A.F.daS., preso no cárcere de Bonxe (Lugo), denuncia que este recibiu unha malleira a mans de nove funcionarios na enfermaria do centro penitenciario, e despois foi duramente represaliado: denunciado por supostamente agredir tres deles, regresado a primeiro grao, alxemado á cama sen lle ser permitido ir ao cuarto de baño e posteriormente transferido ao cárcere da Lama. 

Segundo o relato dunha familiar próxima, L.A.F. da S., foi levado á enfermaria do centro penitenciario con visión borrosa e fortes dores de cabeza, probabelmente vítima dun ictus. Ao ingresar un membro do persoal sanitario dille que consumiu droga e que lle van facer unha análise de urina. Cando L.A.F. da S. tenta urinar sofre un desmaio e perde o conhecemento. Pouco despois volve en si asustado e axitando os brazos (posibelmente como consecuencia da inxección que lle dera o enfermeiro).

Concello de Ponteareas concede "Medalla do Corpus" ao alcalde anterior

19/06/2017
Distinción civil ou relixiosa?

O Concello de Ponteareas acordou outorgar a medalla de Ouro do Corpus (sic) ao ex alcalde José Castro Álvarez. A proposta partiu dos alfombristas da vila e foi votada no pleno do concello cos votos a favor de BNG, PSdeG, Partido Popular, ACIP e Riada. Esquerda Unida Son votou en contra e lembrou que foron os nacionalistas os que afastaron Castro Álvarez do concello.

Ler máis.