You are hereCárceres

Cárceres


Tres persoas detidas esta mañá en diferentes localidades da Galiza

21/06/2017
En Ourense, Vila Boa e Compostela

A primeira hora da mañá, foron detidas por efectivos da Garda Civil un veciño de Ourense (A.), duas persoas en Vila Boa (E.M. e U.C.) e outra en Compostela (I.C.). Ignóranse os motivos de detencion mais os primeiros datos non confirmados sinalan que poderían estar relacionadas coa recebemento a Antón Santos, posto recentemente en liberdade despois de 5 anos de prisón.

Graves deficiencias en atención médica e reximental a preso en Teixeiro

19/06/2017
EsCULcA presenta Queixa á Defensora del Pueblo

Queixa urxente de EsCULcA á Defensora del Pueblo sobre preso de Teixeiro con graves patoloxías mentais (epilepsia e transtorno da afectividade), incluído no programa de prevención de suicidios, que non recibe atención psicolóxica nin psiquíatrica, nin apoio de traballador social, e é obrigado a permanecer en cubículo acristalado 23 horas ao dia sen contacto con outros penados.

O pasado día 16 de xuño, Fernando Blanco Arce, avogado de EsCULcA, pudo comprobar a difícil situación en que se encontra  A.M.C.B., interno no cárcere de Teixeiro, por falta de cuidados médicos adecuados e atención do traballador social, a pesar das graves patoloxías (epilépsia e transtorno de afectividade) que padece e as inhumanas condicións da súa reclusión.

Denuncian agresións de funcionarios a preso na enfermaría do penal

19/06/2017
Ingresara por probábel ictus

A familia de L.A.F.daS., preso no cárcere de Bonxe (Lugo), denuncia que este recibiu unha malleira a mans de nove funcionarios na enfermaria do centro penitenciario, e despois foi duramente represaliado: denunciado por supostamente agredir tres deles, regresado a primeiro grao, alxemado á cama sen lle ser permitido ir ao cuarto de baño e posteriormente transferido ao cárcere da Lama. 

Segundo o relato dunha familiar próxima, L.A.F. da S., foi levado á enfermaria do centro penitenciario con visión borrosa e fortes dores de cabeza, probabelmente vítima dun ictus. Ao ingresar un membro do persoal sanitario dille que consumiu droga e que lle van facer unha análise de urina. Cando L.A.F. da S. tenta urinar sofre un desmaio e perde o conhecemento. Pouco despois volve en si asustado e axitando os brazos (posibelmente como consecuencia da inxección que lle dera o enfermeiro).

A doutrina Parot é inconstitucional (Cadernos de viaxe)

Xoan Antón Pérez-Lema
19/06/2017

Un principio fundamental de todas as democracias europeas, recollido na Convención Europea de Dereitos Fundamentais e, xa que logo, que define a interpretación da Constitución estatal no eido dos dereitos humanos é que toda persoa só pode ser condenado á pena definida previamente  ao delicto que cometa. O agravamento das penas, xa que logo, non pode ter nunca carácter retroactivo.

Á cabeza no ranking de mortes non naturais no Estado

19/06/2017
Cárceres galegos

O Centro Penitenciario da Lama posúe o triste récord de ser a prisión do Reino de España en que se rexistraron máis mortes “non naturais”. Alí morreron nos últimos dez anos 35 persoas por causas “non naturais”. Ningún outro cárcere se achega a estas cifras, aínda que o penal de Teixeiro tamén se sitúa como o cuarto presidio con máis mortes “non naturais”.

Na Lama, a maioría das persoas falecidas (24) foron vítimas dunha sobredose de drogas. O consumo excesivo de estupefacientes continúa a ser o segundo motivo de morte nas prisións do Reino de España. En 2008, por exemplo, o cárcere da Lama tivo sete mortos por culpa das drogas. Até agora nunca outro cárcere do reino tivo eses rexistros.

Mozo de Altsasu en isolamento por agradecer mostras de solidariedade

12/06/2017
No cárcere de Soto del Real

"Eskerrik asko" (obrigado). Así, con ese berro, A.M. de A., un dos mozos de Altsasu imputados pola disputa nocturna con dous gardas civís, quería agradecer aos integrantes de tres colectivos xuvenís que acudiran ao exterior do cárcere de Soto del Real para mostraren a súa solidariedade. Foi no sábado 3 de xuño. A.M. de A. está hoxe en isolamento, castigado por agradecer a visita.

Os seus familiares acaban de vivir as 24 horas máis longas dos últimos meses, só comparabeis ás interminabeis esperas de novembro pasado, cando agardaban unha decisión da xuíza Carmen Lamela. Foi ela quen os mandou ao cárcere sob o severo réxime FIES, aplicado normalmente ás persoas acusadas de actividades terroristas.

Presa consegue ser trasladada a cárcere próximo a súa residencia

05/06/2017
Despois de 6 días en greve de fame e sede

S.D.L., presa no CP Puig de lles Basses de Figueras, pasou 6 días sen inxerir sólidos nin líquidos en protesto polas condicións inhumanas a que están sometidas as internas neste establecemento, un dos peores para mulleres do EE. S.D.L. foi trasladada sen explicacións desde León onde vive toda a súa familia, incluidos os seus 4 fillos. Por iso leva moito tempo sen recibir visitas.

S.D.L. vive en León cos seus catro fillos e a causa aconteceu tamén alí, polo que non comprende porqué foi transladada a Cataluña, tan afastada da súa familia e coa consecuente tortura de non poder ser visitada nunca, nin sequera a través dun cristal. Ante a súa petición de ser transferida a outra prisión máis próxima da súa familia o persoal penitenciario nin sequera tratou o asunto, o que a fai sentirse totalmente esquecida e aumenta así o seu desespero. Durante os días que estivo en greve, S.D.L. expresou o seu temor a morrer e que todo o seu esforzo non sirva para nada.

Mobilización a favor da excarceración de preso vasco con doenza incurábel

03/06/2017
Iniciativas populares, políticas e profesionais

A hospitalización de I.I., preso no C.P. de Alcalá Meco, cun diagnóstico que poderia ser de penumonia provocou grande alarma  no ámbito familiar, político e profesional. I.I. padece sida desde os 17 anos e ten extremamente baixas as defensas. Veciños e veciñas de Ondarroa, 300 médicos e médicas, todas as formacións políticas excepto o PP, peden a súa inmediata excarceración.

A alerta polo risco de falecemento de I.I., transcende á familia. E vai tamén alén dos 300 médicos que fixeron seu un relatorio exhaustivo sobre o caso. Após a hospitalización esta semana en Madrid, cun diagnóstico que podería ser pneumonía e inquieta moito dadas as baixísimas defensas do prisioneiro, todas as principais formacións políticas salvo o PP reclaman a súa excarceración e mostran os seus temores.

Preso no cárcere de Estremera (Madrid VII) describe trato inhumano

27/05/2017
Sombras carcerarias do Reino de España

"Sufro unha desnutrición en que apenas peso 60 Kg e mido 1,87. Son diabético desde os 9 anos, e teño 49, así como outras patoloxías que suman un 87% de incapacidade e só me recoñecen un 67%. Son pensionista por incapacidade e recibo a ruinosa pensión de 368,70 que me retiveron durante 4 meses [...] O tribunal médico tardou 10 meses en recoller os informes"

O relato de J.P.M., preso no cárcere de Estremera, en que describe con precisión e sen enfeites a situación que vive quen como el se ve apresado no sistema penitenciario español, permitenos ollar no interior desa realidade sombria en que sobreviven millares de persoas no Reino de España. 

Preso de Puerto III-Cádiz mantén prolongada greve de fame

27/05/2017
Denuncia acoso e trato discriminatorio

B.J.H., preso no cárcere de Puerto III (Cádiz) mantén prolongada greve de fame, que afecta gravemente a súa saúde con perda de 25 kgs. de pexo, para denunciar confiscación das súas pertenzas, trato discriminatorio e rigor punitivo inxustificado. A sua nacionalidade de orixe pode ser a causa da persecución a que asegura estar sometido.

B.J.H., interno no cárcere Puerto 3, iniciou unha greve de fame o pasado 25 de abril para reclamar que lle fosen devoltas as súas pertenzas ("extraviadas" por funcionarios do penal). O dia 16 de maio, despois de perder 25 kgs., foi ingresado na enfermaria onde abandonou a protesta despois de o director do penal garantir que lle serían restituídos os bens perdidos ou se lle pagaría o seu valor.