Ofrendas, rogativas, prebendas… ou como incumpren a lei as autoridades galegas

Segundo a súa propia constitución, o Reino de España é un estado aconfesional, non un estado laico, o que limita a independencia dos poderes civis. Mais, apesar das súas limitacións, a aconfesionalidade obriga os poderes públicos a respectaren o principio de neutralidade en materia relixiosa e veda calquera tipo de confusión entre funcións relixiosas e institucionais, así como calquera tipo de discriminación en favor dunha determinada fé


Tortura e malos tratos nas prisións da Galiza

Ainda que pareza cousa do pasado ou de lugares remotos, a tortura e os malos tratos poden acontecer ao pé de nós, no noso país, grazas á nosa indiferenza e á nosa capacidade de aceptar o inaceptábel. O novo vídeo de EsCULcA denuncia unha situación próxima e demasiadas veces ignorada. Como mostra, dous casos de Teixeiro que chegaron aos xulgados: o primeiro pouco despois de o penal ser inaugurado, o segundo hai apenas uns meses.

Entretanto, 18 anos de queixas, denuncias, arbitrariedades e silencios.


Sen privacidade non hai liberdade. Cifra os teus datos e comunicacións

En ESCULCA consideramos que non é posíbel exercer as liberdades civis e políticas cuando as vidas e comunicacións da cidadania son sistematicamente vixiadas, rexistradas e controladas polo poder. Observamos con preocupación crescente como o Estado Español e a Unión Europeia intensifican e afinan o leque de medidas represivas e de controlo destinadas a intervir no mundo dixital.


Liberdade de expresión. A volta ao silencio

EsCULcA publica o seu primeiro vídeo sobre dereitos e liberdades: “Liberdade de expresión. A volta ao silencio”. Unha reflexión sobre a progresiva erosión do dereito da sociedade a expresar libremente ideas, opinións, reclamacións. Da Lei Corcuera á Lei Mordaza pasando por a lei de violencia no deporte, as sucesiva reformas do código penal ou diferentes ordenanzas municipais.


1