Os dous máximos responsábeis de combater a delincuencia económica na capital do Reino de España, José Luís Olivera Serrano (na altura Comisario Xefe da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais e hoxe director do Centro de Intelixencia sobre Terrorismo e Crime Organizado)  e Manuel Moix (na altura Fiscal Superior de Madrid) terían actuado fora da lei para encobriren líderes do PP de Madrid, segundo denuncia o xornal Público, que respalda a súa denuncia con documentos orixinais.

Moix e Olivera, ex xefe policial e ex fiscal respectivamente, terían requerido a Telefónica, saltando a xuíza, datos persoais de empregados e gardas civís para os acusaren falsamente e así encobriren líderes do PP en Madrid como Ignacio González e Francisco Granados mediante unha montaxe xurídico-policial que provocou o procesamento de persoas inocentes (funcionarios e gardas civis) cuxas carreiras profesionais ficaron arruinadas en tanto os responsábeis do escándalo de espionaxe interna do Partido Popular víanse libres de toda responsabilidade.

Ver aqui as revelacións de Público e os documentos que acreditan a denuncia.