lente (análises)

26/05/2017
Como manter comunicações privadas na era do Big Brother – Um Guia Prático
The Saker

Vivemos em tempos complicados e, francamente, perigosos em que a capacidade de manter comunicações seguras é absolutamente crucial para a maior parte das pessoas. Até recentemente, a espécie de tecnologia que podia protegê-las era simplesmente demasiado complexa. Nos dias de hoje podemos utilizar serviços MUITO refinados que não exigem essa espécie de perícia da nossa parte.


11/05/2017
Informe da situación da sanidade galega no ano 2016
Dr. Xosé Mª Dios Diz. Membro do Consello Asesor da FGS e Portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

O autor proporciona os datos que definen a situación da sanidade pública galega no ano 2016. Revela as súas carencias no que a persoal, infraestruturas e dotación económica di respecto, lembra a vixencia de leis que exclúen da asistencia sanitaria importantes sectores da nosa sociedade, subliña as consecuencias do desmanelamento e a privatización de servizos asistenciais e estratéxicos e do control da industria (farmacéutica e tecnolóxica) sobre as decisións do sistema sanitario.


14/01/2017
Xurisdición e execución penal. O cárcere: unha contradición institucional
Luigi Ferrajoli – Universidade de Roma

O autor examina a natureza da chamada “xurisdición de vixilancia penitenciaria” para cuestionar o verdadeiro estatuto da mesma ao non se pronunciar sobre actos concretos das persoas privadas de liberdade, senón sobre formas de ser de carácter subxectivo, cuestiona a posibilidade de no interior do cárcere poder darse un respecto efectivo dos dereitos fundamentais das persoas privadas de liberdade e propón algunhas medidas concretas para avanzar cara unha paulatina superación da opción custodial.


10/10/2016
Sistema de rexistro e comunicación da violencia institucional (SIRECOVI)
Observatori del Sistema Penal e els Drets Humans (OSPDH)

O OSPDH, presenta o deseño e funcionamento dunha ferramenta de axuda e denuncia en supostos de violencia institucional co fin de as institucións, organizacións ou actores que teñan que ver no desencadeamento dos feitos, na defensa dos dereitos das vítimas ou na protección e promoción dos dereitos fundamentais das persoas poidan ter coñecemento da situación e tomar as medidas necesarias que foren do caso e da súa competencia.


19/05/2016
Islamofobia e ŷihādismo en Europa
Roberto Mansilla – Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI

Europa está observando un auxe dos sentimentos islamófobos ao carón dunha crise socioeconómica que ameaza con derrubar a arquitectura de integración comunitaria e os compromisos sobre a defensa das liberdades, dos dereitos humanos e da lexislación humanitaria. Este proceso está acelerándose nos derradeiros anos, igualmente motorizados pola riada de atentados terroristas de corte ŷihādista; pola presenza dunha numerosa comunidade musulmá de terceira xeración en varios países europeos, pero que visualiza notables deficiencias en materia de políticas públicas que permitan a súa inclusión e integración; e pola súbita aparición do drama humanitario dos refuxiados, principalmente dos provenientes do conflito sirio, desde mediados de 2015.


06/05/2016
O USO DO TEST P300 NO PROCESO PENAL ESPAÑOL: ALGÚNS ASPECTOS CONTROVERTIDOS
Ana Sánchez Rubio (Doutoranda en Dereito Procesual. Universidade Pablo de Olavide – Sevilla

O test P300, tradicionalmente utilizado no ámbito médico para a detección de certas disfuncións, irrompeu no sistema xudicial como unha proba científica non exenta de críticas, tanto no que toca á súa legalidade como no que di respecto ao seu grao de cientificidade. Aquí trátase de disipar algúns mitos e establecer certas directrices para que o seu emprego no proceso penal poida chegar a ser plenamente efectivo.


13/01/2016
A evolución do sistema penitenciario español, 1995-2014: Transformacikóns da penalidade e modificación e modificación da realidade
José Ángel Brandariz García – Facultade de Dereito – Universidade da Coruña

O autor analiza as transformacións normativas, estruturais e institucionais que viviu o sistema penitenciario español nas dúas últimas décadas, da aprobación do Código Penal ao ciclo de criminalización da heroína, examinando o devir do sistema penitenciario en relación coa evolución da economía española durante o período e estudando as transformacións teleolóxicas do cárcere no cadro desa evolución.


14/11/2015
Coa liberdade relixiosa topamos, opositores
JR Chaves

A Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de 6 de Xullo de 2015 (rec.1851/2014) recoñece o dereito dunha opositora, aspirante a praza de corpo docente da Xunta de Galiza, membro da Igrexa Cristiá Adventista do Sétimo Día, a ser examinada do coñecemento de lingua galega nun momento non comprendido entre a posta de sol da sexta-feira e a posta de sol do sábado.


23/04/2015
“Rexeitamentos en fronteira”: Fronteiras sen dereitos?
Informe promovido desde o Proxecto I+D+i IUSMIGRANTE

Este relatorio analiza a nova figura do “rexeitamento en fronteira” (disposición adicional décima da Lei de Estranxeiría), pondo de manifesto que as entregas sumarias –tamém coñecidas como “devolucións ou expulsións en quente”– ás autoridades marroquís de cidadáns estranxeiros interceptados no perímetro fronteirizo de Ceuta e Melilla tampouco achan cobertura legal nesta nova regulación.


16/04/2015
A actualización da LECrim ás necesidades da sociedade da información, erros e acertos
Ofelia Tejerina Rodríguez. Avogada da Asociación de Internautas.

O 13 de Marzo o Consello de Ministros aprobou o Proxecto de Lei Orgánica de modificación da Lei de Axuizamento Criminal coa intención de adaptar as previsións normativas ás necesidades da sociedade da información. A reforma incide directamente nos arts. 18 e 24 da CE desenvolvendo dereitos fundamentais, ou máis ben a súa restrición.


09/04/2015
Os proxectos de reforma do sistema de protección á infancia: Una mirada desde a educación social crítica.
Laura Cruz – Ana Iglesias – Profesoras da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

Con data 20 de febreiro de 2015, o actual goberno ven de aprobar dúas reformas lexislativas, unha ordinaria: Proxecto de Lei de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e outra extraordinaria: Proxecto de Lei Orgánica de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia


23/03/2015
Carta de Dereitos Humanos e Principios para Internet
Internet Rights & Principles

A Coalición Internet Rights % Principles elaborou a Carta de Dereitos Humanos e Principios para Internet que cobre a práctica totalidade dos dereitos que conforman a Carta Internacional de Dereitos Humanos da ONU. A súa aceptación como base de referencia para o desenvolvemento de reformas lexislativas no ámbito local e rexional crece constantemente.