INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN QUE SE VIVE NO CENTRO .

Reunión de EsCULcA coa responsábel do centro de Menores Príncipe Felipe

Reunión de EsCULcA coa responsábel do centro de Menores Príncipe Felipe

A reunión tivo lugar a instancias de EsCULcA , interesada en coñecer a situación do centro Príncipe Felipe de Ponteveddra despois das preocupantes noticias aparecidas en diversos medios de comunicación referidas a un posíbel conflito de competencias entre a entidade provincial e a Xunta de Galiza que podería ter consecuencias negativas para as e os menores de idade interna/os no centro.

Ler mais...

SOBRE VULNERACIÓN DO DEREITO A DEFENSA EN TEIXEIRO

Preso en Teixeiro contradi xustificación de Institucións Penitenciarias

Preso en Teixeiro contradi xustificación  de Institucións Penitenciarias

Con data 19/07/2016, a Defensoría del Pueblo enviou a EsCULcA resposta á Queixa presentada sobre os impedimentos postos por funcionarios do C.P. de Teixeiro a un avogado e unha avogada o día 30/12/2016 para comunicaren con tres internos dese penal. Como a mesma DP sinala, a xustificación oficial (negativa dos presos a comunicar) contrasta vivamente coa resposta dun deles, P.B.B., que afirma non ter sido informado da súa presenza no centro penitenciario.

Ler mais...

“DEJA DE MONTAR NUMERITOS...QUE TE CONOZCO BIEN!”

Denuncian acoso policial e trato abusivo a sindicalista

Denuncian acoso policial e trato abusivo a sindicalista

A CIG acaba de facer público un comunicado en que denuncia o acoso e abusos policiais a que foi sometido R.N., membro da súa Executiva Confederal, o pasado 2 de agosto nas inmediacións do Hospital Clínico de Compostela, onde acudira por razóns sindicais. Tres axentes do CNP identificaron e retiveron sen xustificación o sindicalista xunto do seu vehículo, que inspeccionaron irregularmente, ao tempo que preferían frases ofensivas e o reducían con violencia.

Ler mais...

LIBERDADE DE EXPRESIÓN: UN DEREITO RESTRINXIDO

Audiencia Provincial absolve as “15 de Arteixo” do delito de inxurias á Garda Civil

Audiencia Provincial absolve as “15 de Arteixo” do delito de inxurias á Garda Civil

A Audiencia Provincial da Coruña acaba de ditar sentenza en que absolve quince persoas do delito de inxurias contra a Garda Civil pola que foran condenadas en primeira instancia. O pasado mes de novembro o Xulgado do Penal nº1 da Coruña condenara as persoas chamadas as “15 de Arteixo” como responsábeis dun delito de “inxurias á Garda Civil”, con condenas de seis meses de multa a unha cota de catro euros diarios.

Ler mais...

O COLECTIVO ANUNCIA QUE NON PAGARÁ A MULTA

A Ertzaintza aplica a Lei Mordaza a xornalistas de Hala Bedi

A Ertzaintza aplica a Lei Mordaza a xornalistas de Hala Bedi

602 € de multa é a sanción que o Goberno Vasco quer impor á radio libre Hala Bedi, con 34 anos de traxectoria comunicativa na provincia de Araba apoiándose na Lei orgánica 4/2015 de Protección da Seguranza Cidadá, coñecida como Lei Mordaza. O motivo, a cobertura informativa do pasado 18 de maio, día en que un equipo de técnicos de Iberdrola e un numeroso continxente da Ertzaintza irrompeu no bairro autoxestionado de Errekaleor para cortaren a luz da viciñanza.

Ler mais...

MARCO DO MOVIMENTO POR DIREITOS CIVIS NOS EUA

Marcha em Nova York contra a violência racista comemora 100 anos da Parado do Silêncio

Marcha em Nova York contra a violência racista comemora 100 anos da Parado do Silêncio

Em 28 de julho de 1917, a Quinta Avenida, em Nova York, foi palco de uma das maiores demonstrações da luta pelos direitos das pessoas afroamericanas. Organizada pela NAACP (Associação Nacional para o Avanço das Pessoas de Cor), a Parada do Silêncio, como ficou conhecida a manifestação, reuniu pessoas negras norte-americanas em repúdio ao racismo. A manifestação comemorou 100 anos na passada sexta-feira (28/07).

Ler mais...

QUE DEU LUGAR A UN INCIDENTE ENTRE AXENTES E INTERNOS

SOS Racismo denuncia agresión policial a un interno do CIE de Aluche (Madrid)

SOS Racismo denuncia agresión policial a un interno do CIE de Aluche (Madrid)

SOS Racismo interpuxo o 01/08 denuncia ante o Xulgado de Instrución nº 38 de Madrid en que solicita se investigue a presumíbel agresión no CIE de Aluche a un interno de orixe marroquina, que tería motivado un incidente posterior entre varios internos e a Policía. Segundo a denuncia, os agresores serían tres policías nacionais, sen placa co número identificativo,, que propinaron ao interno “un pontapé na perna, unha puñada na orella e outras nas costas”.

Ler mais...

DENUNCIAN QUE FACENDA INCUMPRE A LEI DE ARQUIVOS

Empresas privadas custodian milleiros de arquivos da Xunta sen os debidos controis

Empresas privadas custodian milleiros de arquivos da Xunta sen os debidos controis

A Xunta continúa a incumprir a Lei de Arquivos aprobada en 2014, o que provoca un grande descontrol na organización dos arquivos do país. Non foi creada unha unidade central nin implantada a administración electrónica. “A destrución descontrolada de documentación, á marxe dos procedementos regulamentariamente establecidos, constitúe unha infracción moi grave segundo a Lei de Arquivos e Documentos de Galicia”.

Ler mais...

RELATORIO DE HUMAN RIGHTS WATCH

O Reino de España viola os dereitos de migrantes que chegan ás súas costas

O Reino de España viola os dereitos de migrantes que chegan ás súas costas

A directora asociada de Human Rights Watch (HRW) para Europa e Asia Central, Judith Sunderland, asegura que “o Reino de España viola os dereitos dos inmigrantes que chegan ás súas costas”, xa que as persoas solicitantes de asilo e outras inmigrantes que chegan por vía marítima son retidas en condicións “precarias” sen cumprimento dos estándares correspondentes e deben enfrontarse a “obstáculos” á hora de pediren asilo.

Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Resumo de notícias – Galiza – 2º trimestre 2017

    Publicamos o resumo de notícias sobre episódios relacionados com direitos e liberdades acontecidos na Galiza no 2º trimestre de 2017. Confiscaçom sem base legal de bandeiras (com estrela, escudo ou vaca) e faixas solidárias em vários estádios, a negativa da polícia a explicar as razons destas intervençons e a defensa no Parlamento Galego do Secretário

OPINIÓN