LAS CLOACAS DE INTERIOR

TV-3 emite por primeira vez documentario sobre manobras ocultas do goberno

TV-3 emite por primeira vez documentario sobre manobras ocultas do goberno

TV-3 é a primeira televisión, autonómica e pública, que se atreveu a emitir o documentario Las cloacas de Interior, un traballo de investigación sobre as manobras ocultas do Ministerio do Interior producido por Jaume Roures para Mediapro, resultado de nove meses de traballo de investigación e análise, que destapa por primeira vez unha rede de ilegalidades e corrupción no seo dese ministerio. O espazo ‘Sense ficció’ ofreceuno na pasada terza feira, 18 de xullo, ás 21.55 horas.

Ler mais...

EN CELA INMUNDA E CONTROLADOS POR CÁMARA AS 24 HORAS

Interior négase a explicar por que a prisión de Palencia isola irregularmente presos 7 días

Interior négase a explicar por que a prisión de Palencia isola irregularmente presos 7 días

Os funcionarios documentan no libro de incidencias tentativas de suicidio de internos que pasan varios días na cela 61, destinada a períodos curtos para sospeitosos de portaren no seu interior sustancias prohibidas, e adverten ao director do carácter perigoso e ilegal desta medida. No entanto, a secretaría de Institucións Penitenciarias asegura que do investigado até o momento “non se desprende actuación que non se axuste a dereito”.

Ler mais...

UNHAS 3.500 PERSOAS TRABALLAN PARA EMPRESAS PRIVADAS

Interior embolsa millóns de euros grazas ao traballo malpagado das persoas presas

Interior embolsa millóns de euros grazas ao traballo malpagado das persoas presas

Traballos Penitenciarios ten unha facturación anual de 156 millóns, en canto os custos salariais apenas chegan aos 54,5 millóns de euros. Un total de 133 empresas acolléronse ao convenio cadro asinado pola citada organización penitenciaria e a patronal. Os sindicatos denuncian que grazas a esta fórmula algunhas empresas reducen persoal e os baixos salarios, inferiores moitas veces ao mínimo interprefesional, permítelles ofrecer prezos máis competitivos.

Ler mais...

PLATAFORMA POLOS DEREITOS CIVIS RECOLLE ASINATURAS

Contra os recortes á liberdade de expresión en Compostela nas vésperas do 25 de xullo

Contra os recortes á liberdade de expresión en Compostela nas vésperas do 25 de xullo

O alcalde do de Compostela acaba de publicar un bando para subliñar a obrigatoriedade de cumprir a ordenanza do Plano Especial da Cidade Histórica aprobada polo grupo do PP no período anterior, que prohibe propaganda estática na zona antiga da cidade. As multas por pór cartaces van de 1.501 a 3.000 €. A Plataforma polos Dereitos Civís iniciou unha recollida de sinaturas contra esta medida “que atenta contra a liberdade de expresión”.

Ler mais...

PARA QUE VALE ESTA VALEDORA?

A Valedora do Pobo avala a actuación do centro que penalizou unha alumna por empregar Galiza

A Valedora do Pobo avala a actuación do centro que penalizou unha alumna por empregar Galiza

A Valedora do Pobo dá por concluída a investigación aberta após un expediente de queixa posto en marcha a instancias da Mesa pola Normalización Lingüística. A alumna penalizada por escreber Galiza nos exames cursa 4 de primaria no CEIP Santa Irene (Porto do Son). O presidente da MNL pergúntase se pode continuar no cargo un minuto máis quen “desde os prexuízos ideolóxicos inutiliza continuamente unha institución feita para defender a cidadanía”.

Ler mais...

SEGUNDO SÁBADO CONSECUTIVOS DE PROTESTOS

Once pasaxeiras expulsadas dun avión de Vueling por denunciar deportación forzosa

Once pasaxeiras expulsadas dun avión de Vueling por denunciar deportación forzosa

O vóo de Vueling VY7888 destino Dakar tiña prevista a partida para as 16:25, mais finalmente descolou pasadas as 19:00. Case unha quincena de pasaxeiros e pasaxeiras negábanse a ocupar os seus asentos en sinal de protesto. Querían evitar que un mozo, alxemado nos pulsos e escoltado por dous policías, fose deportado ao Senegal. Finalmente as quince persoas foron identificadas e impedidas de viaxar.

Ler mais...

DURANTE OS PROTESTOS POLO DESPEXO DO C.S. DE CAN VIES

Condenado Mosso d’Esquadra por cortar a orella a un home hai dous anos

Condenado Mosso d’Esquadra por cortar a orella a un home hai dous anos

O mosso d’esquadra M.A.P.S. foi condenado a 2 anos de prisión, outros 2 de inhabilitación profesional e sufraxio pasivo, máis 4.500 € de indemnización á vitima, por cortar a orella dun xoven cun golpe de porra durante un protesto polo despexo de Can Vies en Barcelona. A sección 7ª da Audiencia de Barcelona condenou o axente por un delito de “lesións agravadas polo uso de instrumento perigoso”, penado no artigo 148.1 do código penal.

Ler mais...

É TRUQUE PARA ESCONDER DÉFICIT GLOBAL DE DEMOCRACIA

Após onda de protestos contra donos do mundo, mídia alemã ataca os “radicais de esquerda”

Após onda de protestos contra donos do mundo, mídia alemã ataca os “radicais de esquerda”

O encontro da cúpula do G20, que reuniu as 19 principais economias do mundo mais a UE, aconteceu na última semana em Hamburgo e ficou marcado por uma série de protestos violentos nas ruas e pela criminalização dos assim chamados “radicais da esquerda” por causa dos confrontos com a polícia. Mas, quem esteve na cidade relata que a polícia, e não apenas manifestantes, contribuiu em várias situações para o início do confronto.

Ler mais...

SEN RESPOSTA A QUEIXA URXENTE DE ESCULCA Á DEFENSORA

Trasladado preso de Teixeiro en situación de extremo risco para a súa vida

Trasladado preso de Teixeiro en situación de extremo risco para a súa vida

A.M.C.B., preso até hai pouco no cárcere de Teixeiro foi trasladado a un centro penitenciario de Madrid para comparecer nun xuízo nesta localidade. O pasado 16 de xuño EsCULcA presentou Queixa urxente à Defensora del Pueblo en que a urxía a tomar as medidas precisas para garantir a integridade física do penado e o seu dereito aos mínimos reximentais, así como a recibir unha atención médica adecuada ás patoloxías que padece.

Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Resumo de notícias – Galiza – 2º trimestre 2017

    Publicamos o resumo de notícias sobre episódios relacionados com direitos e liberdades acontecidos na Galiza no 2º trimestre de 2017. Confiscaçom sem base legal de bandeiras (com estrela, escudo ou vaca) e faixas solidárias em vários estádios, a negativa da polícia a explicar as razons destas intervençons e a defensa no Parlamento Galego do Secretário

OPINIÓN