Sob a presidencia de Aleksander Čeferin, a UEFA elimina algúns dos puntos máis polémicos do código ao suprimir a sección en que se prohibía manifestarse en contra dos himnos nacionais ou de competición, avanza The Times. Un dos beneficiados é o Barça, sancionado polos asobíos de siareir@s disconformes coa sanción imposta ao clube no 2015 por mostar esteladas na final da Champions. O mesmo día a Fiscalía da AN pediu multa de 14.400 € ao presidente de Catalunya Acció por asobíos ao himno español.

O mesmo dia en que a UEFA modifica o código disciplinar e elimina algunhas das sancións máis polémicas, en Madrid, a Fiscalía da Audiencia Nacional solicitou para Santiago Espot, presidente de Catalunya Acció, unha multa de 14.400 euros como promotor da asobiada ao himno español na final da Copa do Rei ao Camp Nou entre o Barça e o Athletic de Bilbo, disputada o 30 de maio do 2015. No seu escrito de acusación, a fiscal Ana Noé considera Espot autor dos delitos de inxurias ao rei e ultraxe a España, delitos polos cales será xulgado proximamente no xulgado central penal da Audiencia Nacional.

No 28 de maio do 2015, Espot publicou no perfil do Facebook de Catalunya Acció un manifesto intitulado “Pola asobiada ao himno español e ao rei Filipe de Borbón”. A finais de xullo, o xuiz da Audiencia Nacional ,Fernando Andreu, despois de decretar dúas veces o arquivo da causa, ditou acto de aberto de xuízo oral por estes feitos ao entender que as actuación investigadas “ofrecen méritos suficientes para esixir responsabiliadade criminal”.

Ler máis.