Alfredo Astiz, Jorge “Tigre” Acosta e Julio Alberto Poch escoitan o veredito dos xuíces na causa polos crimes de lesa humanidade cometidos na ESMA. Foto: Pedro Lázaro

A sentenza é parte do xuízo aos 54 xenocidas involucrados na Megacausa da Esucela de Mecánica de la Armada (ESMA). Durante o proceso xudicial foron investigadas 789 violacións dos dereitos humanos cometidas nese centro clandestino de detención durante a última ditadura cívico militar, entre elas alguns crimes cometidos nos demoninados “vóos da morte”.

En actitude claramente provocadora, Astiz asegurou: “Os organismos de dereitos humanos son grupos de persecución e vinganza. Nunca vou pedir perdon”.

O xuízo, que comezou no ano 2012 con 68 imputados -dos cales 11 faleceron e 3 foron afastados alegando “problemas de saúde”, é o terceiro en que se xulgan cries de lesa humanidade cometidos na ESMA.

Un a un, os condenados no xuízo ESMA III

Prisión perpetua para a cuadrilla e os seus xefes

              Imaxe: Rafael Yohai

Nunha sentenza histórica, o Tribunal Oral Federal núm. 5 condenou a prisión perpetua o xenocida Jorge “Tigre”Acosta, o ex xefe de intelixencia da unidade de Tarefas 3.3.2 da ESMA, por privación de liberdade “dobremente agravada” por ter sido cometida sobre persoas perseguidas políticas e pola súa condición de funcionario público en 125 feitos. O “dedo de Deus”, como se facía chamar o que na altura era capitán decidía sobre a vida e a morte dos seus prisioneiros e prisioneiras no centro de detención clandestino da  Escuela de Mecánica de la Armada.

 

Télam

 

O represor Alfredo Astiz tamén foi condenado a prisión perpetua. Os xuíces sentenciaron que foi culpábel de homicidio triplemente agravado por aleivosía e premeditado en máis de dous casos, sendo funcionario público, e por privación con violencia e que durou máis dun mes en 153 feitos. O ex capitán de fragata, responsábel de se infiltrar na Igrexa Santa Cruz para secuestrar as monxas francesas Alice Domon y Leonnie Duquet e as principais referentes das primeiras Madres de Plaza de Mayo, entre outros delitos foi condenado asi mesmo por ter ocultado a identidade de menores de idade noutros 12 casos.

 

Leandro Teysseire

Por outro lado, o tribunal decidiu absolver Juan Alemann, un dos dous civis acusados neste xuízo, ex asistente do na altura ministro de Economia José Alfredo Martínez de Hoz, quen fora acusado de ter presenciado e encoberto crimes na ESMA cando era secretario de Facenda. Alemann entrou na ESMA en 198 para “ver” Orlando Ruiz, un xoven militante de Montoneros, secuestrado o 4 de xuño de 1980, coa súa esposa Silvia Beatriz maría Dameri, grávida, e os seus dous fillos menores, María das Vitorias e Marcelo Mariano.

Outros condenados a prisión perpetua foron Randolfo Agusti Scacchi, o ex xefe naval acusado de aproximadamente tres centos de delitos de lesa humanidade; Mario Daniel Arrú, ex piloto da Prefeitura encarregado de realizar os “vóos da morte”; Juan Antonio Azic, o represor sentenciado pola apropiación da actual deputada Victoria Donda e o militar Ricardo Miguel Cavallo, condenado por secuestro, tortura e desaparición de 89 vítimas.