Hervé mantivo silencio durante catro anos. Aínda que non podía esquecela, evitaba mencionar aquela mañá do 6 de febreiro de 2014, mais hoxe decidiu dar un paso á frente: “Quero falar desta historia porque aínda vexo os corpos afogados deitados na praia”, admite entre bágoas contidas. “Se o fago, é por eles. Non é por min”. Polas 14 persoas falecidas entre bolas de goma e bombas de fume lanzadas pola Garda Civil nas augas fronteirizas do Tarajal.

Resultado de imagem para tarajal

 

Tamén o empurra a incomprensión ante o recente arquivo da causa que investigaba a morte dos seus amigos, recorrido xa por todas as ONG que comparecen como acusación popular. “Estiven perturbado porque non entendo como unha historia tan importante, que nos afecta tanto, pode ser tan desprezada”, sostén Hervé nun testemuño recollido pola Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR), que apoia xuridicamente o mozo camerunés.

O xulgado responsábel da investigación mais unha vez ponto final á causa sen escoitar quen viu e sufriu o acontecido. A voz de sobreviventes como Hervé; ou como Iker, Charles ou Aiman (nomes ficticios), que deron a alerta do que pasou hai catro anos, non formaron parte da investigación.

Este último testemuño segue a mesma liña dos que permitiron desmontar boa parte das primeiras versións oficiais sobre a actuación da Garda Civil. Os axentes españois utilizaron bolas de goma e bombas de fume cara á auga para evitar a súa entrada e, aseguran, esa foi a causa da morte dos seus compañeiros.

Resultado de imagem para tarajal

O relato de Hervé

“Saímos aquela mañá ao redor do cinco, para tentar pasar a Europa vía Ceuta e, cando xa se vía a auga, había dous axentes da Garda Civil de España. Un no miradoiro e outro que patrullaba na parte baixa”, describe Hervé, quen agora xa vive en España.

Lembra a angustia desatada na auga após o lanzamento de bombas de fume por parte dos axentes españois. “Cando chegamos, atirámonos á auga, e o axente que estaba abaixo comezou a lanzar gas lacrimóxeno. Comezou a facer espuma na auga e afogou moitos dos meus acompañantes”, detalla o sobrevivente. “Este (garda civil) disparou de repente aos que estaban na auga”.

Despois de o tentar “máis de 50 veces”, Hervé logrou chegar a España en patera en abril de 2015. Por aquel entón, Iker (nome ficticio) outro dos sobreviventes, xa se asentara na Alemaña, despois de alcanzar as costas andaluzas anos antes.

O testemuño recolleito na altura coincide coas palabras de Hervé: “Non foi a auga. Foi o gas o que matou moitos dos meus compañeiros”, aseguraba Iker nunha entrevista con eldiario.es. O mozo, tamén camerunés, describía os efectos que el mesmo sentiu na propia pel.

“Estaba aparvado nas rocas, cando os axentes marroquínos me rescataron. Leváronme á beira marroquína, puxéronme unha botella na cabeza e vomité. O que vomité era espuma. Non era a auga. Era o gas. Ese que matou moitos dos meus amigos”, indicou.

Resultado de imagem para tarajal

Como indicaran xa decenas de sobreviventes, Hervé asegura que a Garda Civil lanzaba o material antidisturbios “cara” as persoas que trataban de nadar para o lado español. “Estábamos na auga e o policía [garda civil] estaba a un metro e medio de altura por riba de nós. De maneira que nos vía ben e disparaba a queima-roupa”, continúa Hervé, catro anos despois. “Non disparaban ao acaso, disparaban ás nosas boias”, sinalaba hai catro anos Iker.

As súas peticións de auxilio foron ignoradas, relata. “Gritábamos desde a auga, pedíamos socorro, e nesa altura achegouse a garda civil. E pensamos: ‘Está ben, veñen salvarnos’. Mais deime conta que desde a embarcación estaban a mallar nosque estaban máis preto”, asegura o mozo camerunés.

Esta información non foi confirmada, mais son varios os sobreviventes da traxedia que mencionaron pancadas dos axentes españois desde a patrulleira da Garda Civil situada entre augas españolas e marroquinas. O Instituto Armado négao e asegura que o uso de material antidisturbios foi en todo momento “cun obxectivo disuasorio”.

A falta de auxilio que aínda hoxe lembra Hervé con frustración coincide coas imaxes oficiais e a versión da Garda Civil. Nun informe do Instituto Armado rexistrado no xulgado de instrución número 6 de Ceuta, os axentes implicados na actuación policial recoñecían que non realizaron labores de socorro até “xa case non ficaren inmigrantes na auga”. Os vídeos achegados por Interior confirmábao.

“Démonos conta de que había cinco mortos, cinco corpos que aboiaban na auga”, desenvolve a testemuña. “Os meus compañeiros que sabían nadar ben entraron a recoller os corpos e tendéronos na praia”. Á súa chegada á beira, déronse conta de que o número de desaparecidos era maior.

“Aconteceu de noite e non soubemos quen era quen até a mañá seguinte. É cando tentamos facer balance e démonos conta de que máis persoas desapareceran. Seguramente a auga debeu levalas moi lonxe”, sinala.

En memoria das vidas ceifadas nas augas fronteirizas, Hervé decidiu contar a súa versión dos feitos fronte a unha cámara. Sen ocultar o rostro, sen ocultar o seu verdadeiro nome. A pesar dos riscos derivados da súa situación como solicitante de protección internacional, cuxa petición aínda agarda a resposta gobernamental, o mozo camerunés relata con valentía o traumático episodio.

“Por agora síntome un pouco mellor ao testemuñar, é como se fose unha homenaxe para eles o que estou a facer porque penso que coa xustiza talvez poida reparar os pais. Porque as familias esperan algo, unha carta de misericordia, unha carta pedindo perdón”, insiste o mozo.

Dúas testemuñas na Alemaña, ignorados pola xuíza

O último ponto final das mortes do Tarajal chegou sen teren finalizado as actuacións solicitadas pola acusación popular. Unha delas era, precisamente, a declaración dos sobreviventes da traxedia. Dous deles foran localizados pola asociación Observatori DESC e estaban dispostos a declarar mais o maxistrado descartou a súa comparecencia. Unha das razóns achegadas foi a súa “situación irregular” na Alemaña, o país no que residen. Este trámite podería ter sido efectuado através de videoconferencia, lembra a ONG.

 

En CEAR consideran que a decisión do arquivo “pecha en falso o procedemento, negando a posibilidade de novas probas e testemuños”. Na mesma liña, Patricia Fernández, avogada de Coordinadora de Barrios, considera que os argumentos da maxistrada “non son conforme a dereito”.

“O que che dá dereito a ser testemuña é ter visto ou ouvído algo, non a túa situación administrativa”, sostén Fernández. “Pode facerse por vídeoconferencia, mais tamén se pode emitir un visado para que viaxe a España… En España hai moitas causas en que declaran, como testemuñas ou vítimas, persoas en situación irregular”.

Hervé, ademais de falar polas vítimas, tamén o fai en nome das familias. “Eu creo que isto é para os pais que perderon aos seus fillos nesa praia. Creo que esperan unha carta de perdón por parte de España, porque aos seus fillos xa os perderon. Unhas palabras poden consolalos. E o que quero é que se faga xustiza a nivel policial”, engade o mozo camerunés, de 26 anos.

“Simplemente iso”, conclúe. “Que se faga xustiza, Que máis podo facer eu?”, pregúntase resignado. “Eles xa están mortos”.

Fonte: El Diario