Publicamos o ensaio de Luigi Ferrajoli Xurisdición e execución penal. O cárcere: unha contradición institucional.

O traballo examina en primeiro lugar a natureza da chamada “xurisdición de vixilancia penitenciaria” para cuestionar o verdadeiro estatuto da mesma ao non se pronunciar sobre actos concretos das persoas privadas de liberdade, senón sobre formas de ser de carácter subxectivo. En segundo lugar, o artigo cuestiona a posibilidade de no interior do cárcere poder darse un respecto efectivo dos dereitos fundamentais das persoas privadas de liberdade. Así, o ensaio propón algunhas medidas concretas para avanzar cara unha paulatina superación da opción custodial coa fin de a reducir e ser substituída por outras menos lesivas da dignidade das persoas.

Ler aqui o texto