A 31 de xullo deste ano, nos cárceres do Reino de España (menos Euskadi e Catalunya, que teñen as competencias transferidas) había 2.900 persoas presos con hepatite C nas fases F2-F4, é dicir, con fibrose avanzada. Segundo explica o Executivo nunha resposta parlamentar ao portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Jesús María Fernández, recibiran tratamento 1.760 persoas que padecen a doenza nalgunha destas fases. Faltan, por tanto, 1.140 persoas en ser tratadas.

 Resultado de imagem para carcel hepatitis c

Na súa reposta, Sanidade esclarece que quen determina o tratamento é un hospital público e que se cumpren os criterios do ministerio que, após a actualización de xuño deste ano, inclúe todos os pacientes independentemente do seu grao de fibrose. Por tanto, esténdese o número de pacientes a tratar.

O ministerio non esclarece que persoas están en fase F0 e F1. No entanto, apunta a que o tratamento se estenderá a 1.500 persoas.

Prezos de medicamentos

No seu escrito, o Goberno actualiza o custo do tratamento de 12 semanas por paciente segundo cada un dos medicamentos utilizados. Desta maneira, Harvoni custa 12.435 euros; Zepatier, 10.636,59 euros; Epclusa, 14.190,63; a combinación de Daklinza e Sovaldi, 20.100 euros; Viekirax, 10.637,40 euros; e a combinación de Viekirax e Exviera, 11.562,30 euros.

Fonte: Redacción Médica