Tres persoas expóñense a una multa de 601 euros cada una, 1.803 euros en total, por exhibir en Compostela una faizxa solidaria con presos e presas independentistas galego/as. Así o vén de denunciar Ceivar, que anuncia que nos vindeiros días informará das acción de denuncia destes feitos.
A finais de setembro pasado en Compostela tivo lugar una manifestación de solidariedade con Catalunya e o seu proceso de autodeterminación. Na Praza de Galiza, e como é habitual en mobilizacións sociais, un grupo de activistas de Ceivar vestindo con buzo branco exhibiron una faixa de apoio aos presos e presas independentistas.
Axentes da Policía española procederon á identificación desas persoas, indicando que estas se resistiran nun primeiro momento a ser identificadas, e cursaron denuncia por unha “infracción grave” do artigo 36.6 Lei de protección de seguridade cidadá, que contempla multas de até 30.000 euros. Neste caso, a proposta de sanción é de 601 euros para cada unha das tres persoas. O artigo fai referencia á desobediencia ou negativa a se identificar a requeremento a autoridade.
Fonte: Sermos Galiza