O xulgado de instrución número 1 de Lleida admitiu a trámite unha querela do colectivo Advocacia per la Democràcia contra a ex-subdelegada do goberno español en Lleida Inma Manso e o coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos, coordenador do dispositivo policial do 1-O pola violencia dos axentes contra votantes. A querela foi presentada no mes de marzo, mais só foi admitida agora. Diríxese tamén aos mandos policiais, por torturas e vulneración dos dereitos colectivos.
Unha vez admitida, a querela comeza a instrución coa práctica de dilixencias, como a petición do xulgado dun relatorio policial e a identificación de todos os axentes que participaron nas cargas en colexios de Lleida, Soses, Alcarràs, Artesa de Lleida, Puigverd de Lleida, Cervià de les Garrigues, Albagès, Montgai ,Menàrguens e Ponts. A entidade querelante tamén demandará as comunicacións daquel día entre a policía española e a Garda Civil e a sala de coordenación da sub-delegación do goberno español.