O pasado 14 de marzo, día que comezaba a feira de armamento HOMSEC 2017, 19 activistas realizaron un protesto pacífico ás portas de IFEMA para protestaren contra a celebración desta feira e a cesión dun espazo público para a súa instalación. Nas últimas semanas, seis meses despois de acontecidos os feitos, os activistas recibiron notificacións de multas por valor de 11.419 euros en total.

 

Homsec_02

 

A mobilización foi promovida pola Plataforma Desarma Madrid e Membros de Alternativa Antimilitarista MOC. Após publicar un comunicado, ao que se adheriron máis de 100 colectivos e organizacións de todo o Estado, os activistas realizaron unha acción ás portas da feira en que despregaron varias faixas coa lema “Desarma Madrid”, en tanto outro seis -número de edición da feira- asperxéronse de pintura vermella en representación do sangue vertido polas vítimas das guerras en que, segundo a plataforma, son empregadas as armas que se promocionan e venden en HOMSEC. Outro grupo de activistas mostrou cartaces cos nomes dalgúns dos países onde se utilizan esas armas, tales como Siria, Libia, Iemen, Palestina, Iraq e Libia, entre outros. A policía interveu detendo as 19 persoas, que foron conducidas á comisaría de Hortaleza.

As multas, enviadas pola Delegación de Goberno, explican que “os feitos denunciados poden ser constitutivos dunha infracción administrativa cualificada como grave no artigo 36.6 da Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de Protección da Seguranza Cidadá”, a coñecida como Lei Mordaza. Antes de aplicar esta polémica lei, a Delegación tentou que fose considerado un delito de desordes públicas, mais a denuncia foi arquivada polo Xulgado de Instrución nº 26.

Fonte: El Salto