O director de Amnistía Internacional denuncia que “cando entrou en vigor en 2015, pensabamos que esta Lei nacía morta porque os partidos que exercían a oposición naquel momento mostraron o seu rexeitamento, mais pasaron os anos, e continúa vixente hoxe”

 

Resultado de imaxes para liberdade de expressao

 

Após catro anos de ‘mordaza’

“Consolídase a deterioración da liberdade en España. Amnistía Internacional leva recollidas máis de 100.000 asinaturas que peden ao novo Goberno reformar a Lei Orgánica de Seguranza Cidadá, tal e como anunciou, mais non cumpriu.”

Discrecionalidade policial que se traduce en indefensión diante da dificultade para oporse á versión policial unha vez foi tramitada a denuncia; sinalamento, persecución e criminalización de activistas, xornalistas e movementos cidadáns que levan a cabo accións de protesto de natureza pacífica.

Catro anos despois da entrada en vigor da Lei Orgánica de Seguranza Cidadá (LOSC), coñecida como Lei Mordaza, Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional declara: “Cando entrou en vigor en 2015, pensábamos que esta Lei nacía morta porque os partidos que exercían a oposición naquela altura mostraron o seu rexeitamento, mais pasaron catro anos, produciuse unha mudanza de goberno, unha parálise institucional e o caso é que continúa vixente hoxe”.

“A Lei Mordaza é unha ameaza real en España contra a liberdade de expresión e os dereitos de reunión pacífica e de información. Durante catro anos veu sendo empregada contra centos de xornalistas que tentaban documentar abusos, millares de activistas que defendían o dereito á vivenda ou ao medioambiente e decenas de millares de persoas que foron multadas por se manifestar ou realizar actos de protesto pacíficos”, sinalou nunha conmemoración moi triste para liberdade de expresión no Reino de España.

“Pedimos ao Parlamento que reforme dunha vez por todas os artigos que socavan a liberdade de información, expresión e reunión pacífica no primeiros seis meses desde a súa constitución”, demandou aos partidos de forma urxente.

A entrada en vigor da LOSC tamén supuxo a ampliación da potestade sancionadora da Administración, aumentado a marxe de discrecionalidade das Forzas de Seguranza do Estado nas súas intervencións relativas á seguranza cidadá, sen introducir mecanismos de control adecuados que impidan os abusos.

De igual modo, a súa aplicación por parte das forzas policiais impactou de forma negativa no exercicio do dereito á liberdade de información, e chegou a traducirse en autocensura para xornalistas e persoas que queren documentar as actuacións policiais.

A organización recolleu xa máis de 125.000 asinaturas no seu centro de activismo en liña para pedir a modificación da Lei Mordaza. A recollida de asinaturas continúa aberta aberta.

Agustín Millán

Diario16