As condecoracións no corpo da Policía española comportan o pagamento de prestacións económicas aos axentes en recoñecemento e agradecemento polos seus servizos.

 

La Policía Nacional: Un referente para la sociedad española - Oposiciones  Saga

 

As condecoracións no corpo da Policía española comportan o pagamento de prestacións económicas aos axentes en recoñecemento e agradecemento polos seus servizos.

Este diñeiro destínase a aumentar a pensión do axente condecorado. Aínda que é unha práctica común aos corpos de seguridade no caso da Policía española o custo é millonario.

Cada ano a Dirección Xeral da Policía destina perto de 13 millóns de euros a estes pagamentos, unha contía 15 veces maior que a que inviste a Garda Civil nos seus recoñecementos, segundo informa El Independiente e recolle El Nacional.

 

O Goberno español cifrou en máis dun millón de euros mensuais o importe que dedica ao abono das condecoracións pensionadas aos case 5.000 axentes policiais beneficiarios.

 

O Goberno español cifrou en máis dun millón de euros mensuais o importe que dedica ao abono das condecoracións pensionadas aos case 5.000 axentes policiais beneficiarios. Cifra que anualmente se sobe até os 12.891.832 euros.

Os mesmos sindicatos policiais atopan este gasto desmesurado. O sindicato Unión Federal de Policía ( UFP) denunciou que con esta cantidade de diñeiro poderíanse construír instalacións. O sindicato tamén sinalou que non só se gastan cantidades desmesuradas, senón que os criterios para condecorar os axentes son, como mínimo, “nesgados”.

Dependendo da medalla recíbese unha compensación ou outra: ouro (incremento do 20% da pensión), prata (15%), vermella (10%) e branca (ningún incremento na pensión).

A UFP denuncia que en moitas ocasións as condecoracións serven como un “intento encuberto da pensión de xubilación de determinados membros” do corpo.

Nós Diario