131 persoas feridas, a maioría no aeroporto de Barcelona, é o balanzo provisorio das cargas policiais na Catalunya durante os protestos pola sentenza condenatorio do Tribunal Supremo a líderes independentistas do procés. Un xoven perdeu un ollo, probabelmene por impacto de bola de goma e outro tivo de ser operado dun testículo. 5 xornalistas denuncian ter sofrido agresións das forzas policiais.

 

14/10/2019.- Miembros de la Policía Nacional cargan contra manifestantes en el parking del Aeropuerto de El Prat donde miles de personas continúan concentradas después de que la plataforma Tsunami Democràtic haya llamado a paralizar la actividad del aerop

 

 

Un manifestantes ferido cun estalido do globo ocular nas cargas no Aeroporto de Barcelona-El Prat na pasada segunda-feira perdeu o ollo, segundo explicaron a Europa Press fontes do Hospital de Bellvitge, onde está ingresado. O paciente foi intervido cirurxicamente durante mañá de hoxe no centro hospitalario mais non foi posibel evitar a perda da visión.

Segundo indicaron as citadas fontes, o estalido do globo ocular é compatíbel co impacto dunha bola de goma. Fontes policiais informaron a Europa Press que durante as cargas na infraestrutura barcelonesa os axentes anti-disturbios da Policía Nacional usaron bolas de goma, prohibidas aos Mossos d’Esquadra por orde expresa do Parlament de Catalunya.

O paciente está ingresado no Hospital de Bellvitge, en L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona), e ten múltiples feridas faciais, concretaron fontes deste hospital.

View image on Twitter

Operan outro ferido nos testículos
Por outra parte, un home de 30 anos ferido nos testículos durante as mobilizacións foi operado de urxencia no Hospital Clínic, segundo informaron a Europa Press fontes hospitalarias. Foi operado durante a noite da segunda á terza-feira e está estábel recuperándose, dixeron as citadas fontes, que evitaron dar máis pormenores por razóns de privacidade.

O traumatismo produciulle perda de masa testicular, e “a agresión foi de axentes do corpo Nacional de Policía”, dixo Alerta Solidària nun chío no Twitter, en que pede á cidadanía imaxes do incidente, que se produciu ás 17.00 horas no vestíbulo da T1.

Os protestos pola sentenza condenatoria do Tribunal Supremo a líderes soberanistas deixaron un balanzo de 131 feridos, a maioría no Aeroporto de El Prat de Barcelona. Segundo informou este martes o Sistema d’Emergències Mèdiques (Sem), os seus profesionais realizaron 131 asistencias sanitarias, 115 na T1 de El Prat.

Os avogados da plataforma pro-dereitos humanos SomDefensores -que agrupa entidades defensoras dos dereitos humanos como Iridia, Novact, Iacta, ACDH ou A Fede- comezaron a porse en contacto coas persoas afectadas polas intervencións policiais durante a xornada de mobilizacións de onte para faceren balanzo do acontecido e, caso ser oportuno, apoialas nas accións legais que queiran emprender.

A Policía admite que disparou 14 pelotas de goma
Neste sentido, a Policía Nacional utilizou 14 pelotas de goma nos momentos de maior tensión durante a ocupación dos accesos ao aeroporto de El Prat polos manifestantes independentistas, sobretodo a última hora da tarde-noite no parking da T1, segundo informaron a Efe fontes deste corpo policial.

O aeroporto de Barcelona converteuse no epicentro dos protestos en Catalunya despois de coñecerse a sentenza do procés, onde se viviron momentos de tensión entre manifestantes e Mossos d’Esquadra e Policía Nacional, que acabou con varias cargas policiais.

Segundo explicou a Efe a Policía Nacional, os axentes utilizaron todas as ferramentas disuasorias para conter os manifestantes cun uso “proporcional da forza”, até se produciren momentos de accións “máis violentas” e de “agresións” aos policías, cando manifestantes lanzaron -di a policía- extintores, barreiras e outros obxectos.

Neste contexto, os mandos á frente do operativo decidiron utilizar bolas de goma, xa que “non había outra solución” -alegan., sempre disparadas a unha “distancia prudente” e nunca a “queima-roupa” contra os manifestantes.

Fontes do Ministerio do Interior indicaron a Efe que foran lanzadas 14 bolas cando a situación era “moi complicada”, sempre ao chan e seguindo estritamente o protocolo policial (sic).

 

O Parlament prohibiu a utilización das bolas de goma en Catalunya, unha medida que só afecta aos Mossos d’Esquadra mais non á Policía Nacional

 

Explicacións polas agresións a xornalistas
A Plataforma en Defensa da Liberdade de Información (PDLI) informou a organizacións internacionais de defensa da liberdade de prensa as agresións que sufriron un mínimo de cinco xornalistas nesta segunda-feira durante os protestos no aeroporto. Entre os informadores que denunciaron agresións están Pol Parella de eldiaro.es, Elise Gazengel de CTXT, Jordi Mumbrú de Ara, Joan Giralt da Directa, e Albert Salamé de VilaWeb. O xornalista de Rac1, Eudald Martínez, tamén ferido as protestas, mas esclareceu que a causa foi un obxecto (probabelmente, unha pedra) lanzado polos manifestantes.

 

Joan Giralt@jogiralt

View image on Twitter

 

Ante estes feitos, a PDLI lembrou que garantir a seguranza da/os xornalistas e o dereito á información é unha obrigación dos poderes públicos en calquera circunstancia e manifestou o seu apoio aos profesionais agredidos.

Público