O Colexio de Avogados de Melilla remitiu na pasada sexta feira un escrito á Oficina do Defensor del Pueblo en que pon de manifesto que durante a mañá da segunda feira 22 de outubro se procedeu á devolución duns 55 migrantes a Marrocos que saltaron a cerca transfronteiriza e que non solicitaron asilo por non poderen exercitar o seu dereito de defensa.

Segundo subscribe Imbroda non foron levados aos xulgados para facilitarlles que outorgasen apud-acta ou apoderamientolo perante o letrado da Administración de Xustiza de garda.

A consecuencia é que sen ese trámite os letrados non poden iniciar accións xudiciais contra esta devolución, ‘aínda cando os propios asistidos manifestaron individualmente aos letrados o seu desexo de interpor os recursos pertinentes’, subscribe o decano no escrito a que tivo acceso Confilegal.

Na súa opinión, isto supón unha vulneración do artigo 24 da Constitución Española ‘ao impedirlles o acceso aos Xulgados e Tribunais, situación irremediábel xa que non se encontran en territorio nacional’.

Segundo os feitos que se relatan na queixa remitida ao Defensor del Pueblo, durante a tarde do domingo 21 de outubro e até aproximadamente as 5:00 horas da madrugada da segunda feira 22 de outubro, 32 avogados da quenda especializada de estranxeiría e protección internacional do Colexio, asistiron cerco de 200 migrantes que protagonizaron a entrada polo valo esa mesma mañá.

29 avogados efectuaron as asistencias de 6 inmigrantes cada un e os 3 últimos avogados 7 asistencias cada un, indica o escrito.

Após a asistencia xurídica en que se garantiu o acceso a un procedemento individualizado, obrigatorio para a identificación adecuada dos migrantes, sobretodo dos potenciais solicitantes de asilo, e para a abertura dun expediente de devolución, ao redor de 130 solicitaron protección internacional.

Outros 55 aproximadamente foron obxecto de expediente administrativo de devolución, de forma que o mesmo 22 de outubro xa estaban de volta en Marrocos. Segundo Imbroda, executouse o tratado de readmisión asinado en 1992 entre o Goberno español e o marroquino ‘sen pasaren polos xulgados’.

Antes do inicio das asistencias xurídicas, a Corporación advertiu á Delegación do Goberno que na segunda feira pola mañá, as persoas que fosen obxecto de expediente de devolución, serían conducidas ao Xulgado de Garda para o outorgamento de poder apud­acta ante o Letrado da Administración de Xustiza de garda.

Así tamén o manifestaron os avogadosdurante as asistencias.

Insurgente