Ver las imágenes de origen

 

A procuradora xeral do Estado, María José Segarra, tiña un traballo principal durante esta lexislatura. Devolver a racionalidade xurídica, a tipicidade penal e a proporcionalidade punitiva ao chamado xuízo ao ‘procès’. Para seguir á frente da matilla política, mediática e xurídica que persegue os presos, o Goberno, Pablo Iglesias e Pedro Sánchez ao berro de ‘golpistas’ e ‘cómplices’ xa tiñamos os procuradores do Supremo e o anterior procurador xeral, Sánchez Melgar. Cumprir esa misión é a única causa que pode xustificar tanto o seu nomeamento como a substitución do seu antecesor. Alguén debeu explicarllo cando foi designada e alguén debeu advertirlle que ía esixirlle enormes doses de coraxe xurídica e cívica. Se non llo explicaron, ela debería sabelo. Non ten escusa.

A función do escrito de acusación non consiste en demostrar a súa independencia fronte ao goberno no poder, ante un xurado popular formado por tertulianos e lideres da oposición que cualificasen de traizón todo canto non for darlles a razón. A súa función principal reside en cumprir coa misión de ‘promover a acción da Xustiza en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público tutelado pola lei’ (articulo 1. Lei do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal). O traballo da fiscalía non é construír unha acusación, é defender a lei.

O momento para facelo era agora. No escrito provisorio de acusación achábase a oportunidade para presentar unha acusación razoada e razoábel por desordes e desobediencia, lonxe desta hipérbole penal da rebelión ou a sedición. A procuradora xeral non só non cumpriu coa súa tarefa, senón que, exhibindo doses asombrosas de covardía xurídica e cívica, asinou un escrito que converte o xuízo ao ‘procès’ nun pesadelo xurídico que levará por diante a credibilidade do Tribunal Supremo e a imaxe internacional de España.

Cando, ante o tribunal, os fiscais presentaren argumentos tan concludentes como que “Apesar de reivindicar o pacifismo da mobilización, apelou tamén (Jordi Cuxart) á determinación mostrada na Guerra Civil (empregando a expresión ‘Non Pasarán!’) e desafiou o Estado a acudir a incautar o material que se tiña preparado para o referendo'” o bochorno vai virar insoportábel. Cando, ante o tribunal, os fiscais presentaren como proba do alcance da rebelión o discurso do Rei o 3-O, non saberemos se rir ou chorar. Cando, ante o tribunal, os fiscais pretendern demostrar a concorrencia de violencia sen citaren como testemuña nin un único dos cidadáns espancados no 1-O e descualificando todos os seus testemuños no escrito sen unha única proba, o asombro percorrerá Europa. Cando, ante o tribunal, os fiscais pretenderen probar o uso dos Mossos como forza armada en apoio do suposto golpe co testemuño protexido dun único mosso, entre máis de 17.000, o esperpento de tratar un corpo policial como unha mafia criminal terá chegado á súa apoteose.

Son só algúns exemplos delirantes dun escrito de acusación onde, desatendendo as súas obrigacións como acusación pública, todo aquel testemuño ou proba que contradi o relato dos fiscais foi ocultado, silenciado ou terxiversado. Se tan claro é que as denuncias de violencia policial son falsas por que non se chama as supostas vitimas para demostrar a simulación das súas feridas? Se tan válido é o discurso real para probar a gravidade da rebelión por que os fiscais non citan nin unha única das múltiplas declaracións públicas do presidente Rajoy e os seus ministros, afirmando que a situación estaba baixo control e nin se celebrou referendo algún? É máis, como se pretende probar unha acusación de rebelión sen que a ratifique co seu testemuño nin un único membro do goberno que, en teoría, debeu facerlle fronte? Antes que probar a súa independencia ante o poder político, á procuradoria e á procuradora debería preocuparlles bastante máis demostrar a súa absoluta dependencia da lei e o seu compromiso coa verdade. Ese e non outro é o seu traballo.

Antón Losada

eldiario.es