No total, no ano pasado morreron 39 persoas sob custodia penitenciaria. A entidade Observa, que monitorea o sistema penal, considera os datos ‘moi preocupantes’ e critica a atención á saúde mental que se presta ás persoas internas.

.
Tamén sinala que aumentaron os casos de isolamento e regresións a primeiro grao desde a entrada en vigor do programa marco para prevenir suicidios, “un feito completamente oposto e contraditoriio”.
.
Observa mostra así mesmo preocupación pola resposta da Administración Penitenciaria ás manifestacións deste fenómeno. Na maioría dos casos, di, son de isolamento, contención mecánica, sancións disciplinares e regresión a réximes de vida de primeiro grao. Reclama outras solucións como as suspensións de condena por doenza mental (inicial ou sobrevinda) e a derivación a recursos socio-sanitarios externos ao sistema prisional.
.
Finalmente, insta o Departamento de Xustiza, Saúde e Servizos Sociais a traballar “de maneira firme e coordenada” nn novo Plano de Acción contra as mortes no cárcere. Demanda “total transparencia” sobre o proceso e convocar as organizacións de dereitos humanos para asesorar no deseño e implementación deste novo plano.
579 mortes en 13 anos
Segundo os números dos últimos 13 anos, houbo 579 mortes sob custodia nos cárceres. O 22% do total, 127, foron clasificadas polo Departmento de Xustiza como “etioloxía pendente”, ou sexa causa descoñecida. Case a metade das mortes, 249, foron por doenza, mais apenas unha cuarta parte destas persoas tiñan liberdade condicional, e os últimos casos foron no 2015, segundo a asociación Observa, de monitoreamento do sistema prisional.

