A deputada demócrata por Minnesota Betty McCollun presentou un proxecto de lei para prohibir Israel utilizar os billóns de dólares que recibe cada ano dos EUA en concepto de asistencia militar para pagar a detención, interrogatorio ou tortura de crianzas palestinas que viven sob a ocupación militar sionista na Cisxordania.

 

Israeli border policemen arrest a young Palestinian during clashes following a protest to killed a Palestinian militant Basil al-Araj by Israeli forces early Monday, in front of the Israeli Ofer prison, near the West Bank city of Ramallah,, Tuesday, March 7, 2017.(AP Photo/Majdi Mohammed)??

O exército de Israel arresta cada ano entre 500 e 700 crianzas palestinas de12 a 17 anos e sométeas a interrogatorios coercitivos, violencia física e xulgamentos en tribunais militares sen as mínimas garantias.

 

 

A proposta de McCollum –HR 2407–  emenda a Lei de Asistencia no Exterior no sentido de prohibir o financiamento de detención de menores en calquera estado, Israel incluído. Tamén prevé unha axuda anual de 19 millóns de dólares a asociacións non gobernamentais americanas, israelitas e palestinas que defenden e ofrecen tratamento físico e psicolóxico a menores vítimas do exército de Israel.

 

“Obaida,” reportaxe de Matthew Cassel para Defense for Children International Palestine, explora a experiencia dun rapaz palestino de 15 anos nun centro militar de detención israelita. Tres días despois de o filme ter sido subido a You Tube, Obaida foi detido máis unha vez.

 

O texto do proxecto de lei recolle dados do relatorio de Human Rights Watch (HRW) correspondente ao ano 2018, onde se afirma que as forzas de seguranza israelitas “detiveron menores recorrendo a miúdo ao uso innecesario da forza, sometéronnos a interrogatorios sen presenza dun membro da familia e fixéronlles asinar confesión en hebraico, unha lingua que moitos deles non entenden”. HRW xa alertara en 2015 do “uso de chaves de brazo, pancadas e interrogatorios coercitivos a crianzas de idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos”.

Na parte expositiva, o proxecto de lei describe en linguaxe austeramente lexislativa un panorama devastador da inxusticia financiada por contribuintes estadunidenses.

Na Cisxordania hai dous sistemas legais separados, un a lexislación militar imposta ao pobo palestino e outra a lexislación civil aplicada ás comunidades asentadas nos colonatos xudaicos ilegais. Na Cisxordania viven aproximadamente 2.900.000 persoas, das cales ao redor do 45% son menores de 18 anos que viviron a vida enteira sob a ocupación militar israelita.

Desde o ano 2000, máis de 10.000 crianzas palestinas foron investigadas polos tribunais militares de Israel. As forzas de seguranza sionistas deteñen crianzas menores de 12 anos para as interrogaren durante períodos prolongados embora a lexislación militar israelita prohiba procesar menores de 12 anos.

O texto de McCollum cita tamén o relatorio de 2018 de B’Tselem, unha importante organización de dereitos humanos de Israel. No seu relatorio B’Tselem describe pormenorizadamente a terríbel realidade: “Cada ano, centenares de menores palestinos padecen o mesmo escenario. As forzas de seguranza de Israel apáñannos nas rúas ou nas súas casas a medio da noite, alxémannos e tápanlles os ollos, despois lévannos para os interrogar, exercendo a miúdo violencia no camiño. Exhaustos e asustados -algúns son obrigados a pasar moito tempo en tránsito, algúns estaban durmindo no momento da detención, outros pasan horas sen poder comer nin beber- os menores son interrogados. Alí están completamente sós, afastados do seu mundo, sen a compañía de ningunha persoa adulta que coñezan e en que poidan confiar, e sen que se lles teña ofrecido a posibilidade de consultar cun avogado antes de seren sometidos a interrogatorio.. O interrogatorio inclúe ameazas, berros, abusos verbais e por veces violencia física. O único obxectivo é levar os menores a confesar ou dar información sobre outras persoas”.

McCollun explica que estes abusos son ben coñecidos do gobernos dos EUA. Xa relatorio de dereitos humanos de 2013 do propio Departamento de Estado sinalábase a evidencia de “que os servizos de seguranza de Israel continúan a cometer abusos, e nalgúns casos torturar, menores, frecuentemente arrestados por sospeita de teren atirado pedras, para obter deles confesións mediante interrogatorios coercitivos. A práctica da torutra inclúe ameazas, intimidacións, períodos prolongados coas mans alexemadas, pancadas e confinamento solitario”.

Segundo este relatorio, o 73% dos menores sofreron violencia física, ao 86% lles foron vendados os ollos, o 96% deles foron interrogados sen a presenza dun familiar, o 20% foron obrigados polos interrogadores a permaneceren en posicións forzadas, o 46% foron detidos nas súas casas a medio da noite. Máis de 120 crianzas foron recluídas en réxime de isolamento durante unha media de 13 días, antes de lles ter sido imputado ningún cargo, coa única finalidade de facilitar despois os interrogatorios.

Sana Saeed

شبكة قدس الإخبارية

“متعترفش..متوقعش يمّا”.. لحظة اعتقال جنود الاحتلال للطفل محمد باسم التميمي (15 عاماً) من منزله في قرية النبي صالح شمال غرب #رام_الله.

Embedded video

 

Embedded video

#nowaytotreatachild@nwttac

 

The Intercept