A 20 de novembro comemórase um duplo aniversario que pretende alertar e sensibilizar para os dereitos das crianzas de todo o mundo: proclamación da Declaración dos Dereitos da Crianza (1959) e adopción da Convención sobre os Dereitos da Crianza (1989), pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. A Convención asenta en catro pilares fundamentais relacionados com todos os dereitos das crianzas (civis, políticos, económicos, sociais e culturais): a non discriminación, o interese superior da crianza, a sobrevivencia e desenvolvimento e a opinión da crianza.

 

 

 

En EsCULcA comemoramos o día festexando a edición dun libro que acaba de sair do prelo “Teño Dereitos”. O autor é Miguel Robledo e a edición é de Aira Editorial. Un novo concepto de libro infantil informativo sobre un asunto que interesa tanto ás crianzas (as súas protagonistas) como ás persoas adultas (as destinadas a respectar e velar para que o recoñecemento deses dereitos non fique en letra morta).