Por terceiro ano consecutivo, axentes policiais mataron máis de 1.000 persoas nos EUA.  Como explicar tan sorprendente número de mortes? O centro de investigación colectiva Mapping Police Violence, dirixido por Sam Sinyagwe, fixo público na pasada semana o seu Relatorio referido á violencia policial no 2017, un estudo dos datos recollidos sobre cada incidente policial con resultado de morte rexistrados nese ano.

 

 

 

“En base á información recollida de notícias xornalísticas, obituarios, rexistros públicos, bancos de datos como Fatal Encounters e o Wahington Post” -indica o colectivo- “este relatorio reúne o recenseamento máis completo de casos de violencia policial mortífera en 2017”. Ao paso que en 2016 foron mortas pola policía 1.093 persoas, no 2017 esa cifra aumentou a máis de 1.100.

Mapping Police Violence permite descarregar todos os datos, tanto de 2017 como das versións dos dous anos anteriores.

Fonte: The Intercept