A história que Adams Hochschild narra no seu libro arranca o 22 de maio de 1787, cando unha dúcia de persoas reunidas nunha imprenta de Londres decidiron convencer a sociedade británica da imoralidade da escravatura. A reunión marcou o início do movimento abolicionista, a primeira campaña a favor de direitos humanos en sentido estrito e o modelo das que virian despois. Na sua crónica, Hochschild descreve os seus avances e retrocesos, os entusiasmos e desisténcias dos que participaron nela ao longo de cinco lustros, desde aquela primeira reunión até o momento en que un grupo de escravos de Xamaica decidiron enterrar –literalmente- as suas cadeas. E nós recoñecemos nesa descrición as tácticas, os meios e os conflitos do activismo contemporáneo: panfletos, pins, mitins e libros para sensibilizar a opinión pública e arrecadar fondos, recollida de asinaturas e boicote aos produtos manufacturados con traballo escravo para presionar o governo, apoio incondiconal de alguns grupos (neste caso cuáqueros) e mais matizado doutros (membros do parlamento) às accións dos activistas e revoltas, por veces sangrentas, das vítimas, etc. etc. Ora, Hochschild non se conforma con fornecer dados. Mostra tamén, nun relato conducido con perícia e pulso firme, cantas ideas, canto esforzo, canto tempo e canta perseveráncia son precisos para se alcanzar un obxectivo desta envergadura. 3 Hai versión en español: Enterrad las Cadenas Ediciones Península, 2006