O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza obrigou os medios dependentes da Xunta a pagar case medio millón de euros en indemnizacións e custas procesuais por sentenzas en contra durante os gobernos de Feijóo.

 

31/5/22 Alberto Núñez Feijóo, en una entrevista en la TVG
Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista na TVG. CRTVG

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) promulgou desde finais de maio de 2021 até hoxe un total de dezaoito condenas contra a Corporación de Rádio Televisión de Galiza (CRTVG), a empresa pública através da que a Xunta xestiona os medios de titularidade pública do país, por vulneración de dereitos fundamentais, despedimentos improcedentes e contratación irregular de traballadores.

Eses fallos representan unha cuantiosa cantidade de diñeiro público en forma de salarios en atraso, indemnizacións por despedimento e danos morais, aos que se suman as custas procesuais que o tribunal, a máxima instancia xurídica en Galiza, cobrou á corporación que dirixe Alfonso Sánchez Izquierdo desde que Alberto Núñez Feijóo o nomeou en maio de 2009, poucas semanas despois de acceder á presidencia da Xunta.

Cando foi designado, Sánchez Izquierdo asegurou que o seu mandato sería unha etapa “de transición”, mais mantívose no cargo durante trece anos apesar dos centenares de fallos xudiciais -si, centenares- que a CRTVG recibiu en contra durante os mandatos de Feijóo por manipular los informativos en beneficio del PP, , por despedir ilegalmente traballadores, , por perseguir xornalistas non afíns, por impedir a conciliación de nais traballadoras e por por furar greves con servizos mínimos abusivos, entre outras prácticas executadas na Televisión de Galiza (TVG) e na Radio Galega (RG)

Desde maio pasado, o TSXG condenou en catorce ocasiones a CRTVG e obrigouna a facer indefinidos traballadores contratados irregularmente ou através de empresas produtoras intermediarias, ou a indemnizalos por despedimento improcedente. Nalgúns casos, por os pór na rúa sen sequer os informar mediante o pre-aviso legal preceptivo. Hai exemplos en numerosas categorías do persoal: maquilladoras, xornalistas, presentadores e locutores de radio, repórteres gráficas, operadores de cámara, auxiliares de programas de lecer, persoal de alta dirección…

A suma de indemnizacións por despedimento e salarios atrasados alcanza os 456.364,04 euros, aos que hai que sumar outros 12.500 euros en indemnizacións por danos morais de traballadores perseguidos e polo menos outros 6.712 euros en ementas de avogados e avogadas dos que demandaron a compañía, e cuxas reclamacións foron amparadas nos últimos doce meses polas sentenzas do TSXG. En total son máis de 475.000 euros, aos que hai que sumar os gastos derivados das custas procesuais que os xuíces reclamaron á CRTVG, que se financia con diñeiro público.

A CRTVG non facilitou ao xornal Público o montante que tivo que pagar por vulnerar dereitos constitucionais e laborais e remitiuse á presentación das contas do ente que Sánchez Izquierdo fará nas próximas datas ante o Parlamento de Galiza. Tampouco quixo valorar o cúmulo de sentenzas condenatorias e remitiu o xornal ao departamento de comunicación da Xunta. Segundo fontes dos traballadores consultadas por Público, a compañía acumula máis de 130 resolucións xudiciais en contra entre o 2009 e o 2012, e máis de duascentas entre o 2012 e o 2022.

 

18/4/22 Feijóo y Alfonso Sánchez Izquierdo, en una imagen de archivoFeijóo e Alfonso Sánchez Izquierdo – Imaxe de arquivo.

 

O último fallo, do 26 de maio, deu a razón a Carlos Jiménez, un xornalista e locutor da Radio Galega a quen a CRTG expedientou e sancionou con nove días de suspensión de emprego e salario por se ter mostrado nas redes sociais a favor do movimento Defende a Galega, que organiza os ‘venres negros’, as xornadas de protesto dos profesionales da TVG e  a RG contra a manipulación informativa a favor do PP.

O TSXG validou integralmente a sentenza do xulgado do Social número 1 de Compostela que considerou que Jiménez fora sometido a unha verdadeira persecución ideolóxica, tanto pola súa significación nas denuncias contra a manipulación informativa como pola defensa dos seus dereitos laborais. “Debo ter a marca Guinnes de sentenzas a favor”, afirma o xornalista, que xa cumula dezasete sentenzas a favor e ningunha en contra nas súas demandas contra a CRTVG. A empresa non quixo valorar a sentenza.

Unhas semanas antes do último fallo que por enésima vez deu a razón a Jiménez, o 22 de abril deste ano, a sala do Social do TSXG condenou a CRTVG a pagar 173.303,95 euros ao seu director de Enxeñaría de Telecomunicacións, que despedira despois de 35 anos na casa a poucos meses da súa xubilación.

O Tribunal considerou que o empregado, apesar de ter sido escollido a dedo para o lugar, quer dicir sen concurso nin oposición algunha, non debía ser considerado como persoal de alta dirección, senón como un mando intermedio cuxa relación laboral coa empresa debe rexerse polo Estatuto dos Traballadores, e non polas normas que regulan o persoal de alta administración da función púbica.

A sentenza, segundo os traballadores, pon de manifesto o “caos organizativo e laboral” existente na CRTVG, en palabras de Santiago Alvite, presidente do comité inter-centros da empresa pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

“A resolución xudicial pon en cuestión a libre designación como persoal de alta dirección doutras 31 persoas que na actualidade conforman o groso da estrutura directiva do ente público, e poden producir estas graves consecuencias tanto económicas polos cesamentos que no futuro puideren producirse, como de incerteza xurídica no desempeño das funcións de organización e mando na prestación do servizo público de comunicación
audiovisual”, asegura o comité intercentros nunha nota de prensa.

Sánchez Izquierdo asegurou na terza-feira ante a comisión de control da CRTVG no Parlamento de Galiza que “normalmente” as sentenzas do TSXG son “moi favorabeis” á CRTVG. Mais a afirmación non corresponde á realidade.

 

31/5/22 Alfonso Rueda, presidente de la Xunta, en una entrevista en la Radio Galega               Alfonso Rueda, presidente da Xunta, nunja entrevista na Radio Galega. CRTVG

 

 

No pasado 7 de abril, o TSXG considerou improcedente o despedimento dunha auxiliar de informativos que asinara 183 contratos temporais en quince anos. O mesmo día, o tribunal obrigou a CRTVG a considerar fixo un operador de vídeo que traballou na casa entre o 2012 e o 2016 mediante outros 52 contratos temporais. O 2 de marzo, o tribunal deu a razón a unha redactora a que a compañía de Sánchez Izquierdo vulnerara os seus dereitos ao negarlle a posibilidade de ter un horario laboral de 9.45h a 17.15h para conciliar coas horas de entrada e saída das súas fillas menores da escola.

O 14 de febreiro deste ano, os xuíces obrigaron a CRTVG a readmitir ou indemnizar unha auxiliar de redacción a quen despediron despois de a obrigaren a asinar 150 contratos en doce anos. Poucos días antes, o 28 de xaneiro, o TSXG declarou indefinida no persoal da compañía unha compañeira maquilladora contratada por unha empresa de traballo temporal.

As sentenzas contra as prácticas ilegais da compañía continuaron en 2021. O 3 de novembro foi declarado ilegal o despedimento dunha autónoma que participaba en programas de lecer. O 20 de outubro, o TSXG declarou improcedente o despedimento dunha repórter gráfica con corenta contratos temporais en cinco anos. Foi o mesmo día en que os xuíces declararon que o servizos mínimos decretados na greve do 8M polo entón vice-presidente e hox presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foran abusivos e destinados unicamente a minimizar o impacto deses paros.

Mes e medio antes, o 9 de setembro, declararon indefinido un operador de vídeo que levaba desde o 2004 con contratos temporais. En xullo, fixeron o mesmo con outro operador de son que levaba na empresa desde 2000. E en xuño cunha redactora con dezaseis anos de antigüidade, cunha grafista que asinara 157 contratos entre xullo de 2012 e xaneiro de 2020, e cun cámara con máis de 440 de contratos coa CRTVG e con empresas intermediarias desta entre 1999 e 2020. Máis de 440. A maioría por días e moitos deles, solapados.

O 3 de xuño de 2021, hai pouco menos dun ano, o TSXG obrigou a CRTVG a readmitir ou indemnizar con máis de 73.000 euros unha xornalista a que tamén obrigou a asinar decenas de contratos para “execución de actividades artísticas” temporais cando en realidade traballaba habitualmente en programas informativos. Pouco antes, o 13 de maio de 2021, a compañía perdeu outro proceso ante o TSXG activado por un traballador que fora despedido por “represalia” (sic) dos seus superiores, e a quen tiveron que readmitir e indemnizar con máis de 6.000 euros.

 

En todas as súas comparecencias ante a comisión de control da CRTVG, Sánchez Izquierdo negou represalias contra xornalistas independentes ou traballadores díscolos.

 

Público