Noa é unha das pezas fundamentais da campaña Brand Israel, a iniciativa con que o estado sionista procura ‘normalizar’ aos ollos da humanidade a eliminación do pobo palestino mediante sucesivas operacións de limpeza étnica e ocupación do seu territorio.

Para desempeñar o seu papel, Noa esfórzase por aparecer como pacifista equidistante entre o pobo agredido e o exército invasor, mais nin sequera esa procurada inmoral equidistancia é constante. Nos momentos críticos, a militante sionista desvélase sen pudor.

“Só podo desexar, por vós, que o exército de Israel faga o seu traballo”, escribiu ao pobo palestino durante o masacre contra a poboación de Gaza en 2008-2009.

“Israel non tivo outra opción que defenderse”, insistiu 10 meses mais tarde, porque a súa “imaxe está sendo brutal e diabolicamente distorsionada en todos os lugares” por “persoas respaldadas con moito diñeiro procedente de organizacións fanáticas” (en referencia a activistas anti-sionistas).

O próximo mês de xuño Noa tem previsto actuar nas celebracións do chamado Día de Xerusalén, unha data en que Israel conmemora a ocupación militar da zona oriental da cidade en 1967. Ese dia, grupos sionistas abandeirados e armados provocan, insultan e ameazan as familias palestinas que resisten na zona nunha última tentativa de evitar que os bulldozers arrasen as súas casas. Gush Shalom, colectivo pacifista de Israel, recriminou a Noa a súa participación nesta celebración supremacista e xenófoba sen que ela cancelase por agora o concerto.

Será porque, como di o embaixador en Madrid, os concertos de Noa son "un triunfo de Israel".

Compostela, 21 de maio 2013.

Fonte: BDS-Galiza