Os feitos denunciados terían acontecido na zona de control cando ao pasaren duas familiares do preso baixo o arco saltou a alarma a pesar de elas non levaren encima obxecto metálico algún. Despois de varios controis intrusivos, con contacto físico directo e sen que os funcionarios utilizasen os medios legais de detección,ainda que a alarma continuaba a saltar cada vez que pasaban, as familiares foron finalmente autorizadas a entrar. Resulta difícil atribuir a fallo mecánico o mal funcionamento da alarma toda vez que este só se teria producido selectivamente, apenas cando atravesaban o arco as dúas familiares de X.R.O.

Nas queixas que agora presenta ao Valedor do Pobo e á Defensora del Pueblo, EsCULcA interesa sexan incoadas e tramitadas queixas por entender infrinxidos os dereitos constitucionais recollidos no art. 9.1 e 3 (vinculación dos poderes públicos ao ordenamento xurídico e principios de legalidade e interdición da arbitrariedade), 10 da CE de 1978 (respecto á lei e dereitos dos demais), art. 15 (dereito á integridade física e moral) e 18 (dereito á intimidade).

No escrito dirixido á Oficina do Valedor, EsCULcA solicita se incoe expediente de queixa e, no seu caso, con amparo na lei 36/1985, realice as xestións de coordinación precisas coa Oficina do Defensor del Pueblo para ditar resolución en amparo dos dereitos constitucionais infrinxidos. 

Se ben o Valedor viña mantendo unha  liña de actuación que consistía en declarar a incompetencia da institución galega nesta materia por non estar a administración contra a que se formula a queixa baixo o seu control, ainda que a lexislación prevé mecanismos de coordinacion coa Defensoría del Pueblo, as declaracións feitas a unha representante de EsCULcA en entrevista recente, no sentido de estar disposto a actuar nas denuncias que o noso observatorio formulase, lévanos a reiterar a presentación das queixas na esperanza de que o comisionado parlamentar adopte unha posición activa na defensa de dereitos fundamentais.

  Ver aqui o texto da Queixa direixida ao Valedor do Pobo,

Ver aqui o texto da Queixa dirixida á Defensora del Pueblo.