As Forzas Armadas porán en andamento un órgao chamado «Centro de Fusión da Información» cuxo cometido será facer notas e produtos de intelixencia.

A que se dedicará esta nova unidade?
Segundo puido saber ECD, todo indica que se centrará en analisar redes sociais e en rastrear foros e webs na Internet, para tratar de detectar operacións de influencia e campañas de desinformación de interese militar.
Estas cuestións situáronse nos últimos anos entre as principais preocupacións de todos os servizos de información e intelixencia, tanto entre Forzas de Seguranza e servizos de intelixencia civís, como no ámbito da Defensa e as Forzas Armadas.
Para traballar nesas áreas, o Estado Maior da Defensa comezou a autorizar a compra de tecnoloxía e programas informáticos con destino ao Centro de Fusión da Información. Estes programas permiten, por exemplo, monitorizar as redes sociais e detectar publicacións sobre determinados temas.

