O concelleiro dunha plataforma próxima a Herri Batasuna morreu metrallado pola Garda Civil en 1979. O Goberno de Uxue Barkos incluiu o seu caso nunha lei de reparación que foi recorrida por tres partidos -PP, C’S no Tribunal Constitucional.

Imagen del funeral de Mikel Arregi en noviembre de 1977. EUSKAL MEMORIA FUNDAZIOA            Imagen del funeral de Mikel Arregi en noviembre de 1979. EUSKAL MEMORIA FUNDAZIOA

Unha raxada. Un estrondo. Vidros esnaquizados e unha vida rota. Mikel Arregi tiña 32 anos, viaxaba en coche cuns amigos e, de repente, acabou todo. Un 11 de novembro de 1979, a Garda Civil descarregou unha choiva de balas sobre o vehículo en que viaxaba este concelleiro dunha plataforma próxima a Herri Batasuna en Lakuntza, un pequeno concello de Nafarroa. Para o PP, Cidadáns e Vox, Arregi non debe ser recoñecido como vítima.

“Violento week-end”, titulaba naquel fatídico outono de 1979 a revísta Punto y Hora. Nun artigo asinado por Agustín Zubillaga, a publicación relataba que Arregi morrera dun disparo da Garda Civil nas inmediacións de Etxarri Aranatz, á vez que salientaba que “todas as testemuñas presenciais, incluídos os catro que o acompañaban no coche en que circulaban cando se produciron os disparos, coinciden en afirmar que non había ningún control da Garda Civil no momento en que foron disparadas os raxadas de metralladora contra o vehículo”.

“Unha bala entrou na cociña dun veciño e dous máis foron parar a un camión que estaba alí estacionado”, lembra Josu Imaz, integrante de Mikel Arregi Gogoan (na lembranza), a plataforma que organiza os actos que servirán para conmemorar o 40 aniversario deste caso.

A versión oficial ofrecida polo na altura Goberno Civil de Nafarroa ía dirixida a exculpar os autores dos disparos: segundo o comunicado que se deu a coñecer após o metrallamento, o coche non se detivo ao sinal de alto, polo que un dos axentes “efectuou dúas raxadas curtas de metralladora cara ás rodas, disparando novamente sobre o repetido vehículo dous gardas civís que estaban 30 metros máis adiante, ao observaren que aquel continuaba circulando”.

“Non disparen, estamos feridos! Chamen unha ambulancia”, gritou o condutor do coche, Javier Andueza, cando os gardas civís se aproximaron. Arregi foi levado ao hospital, mais non serviu de nada: un dos disparos acabou coa súa vida.

Após as mobilizacións contra a brutalidade policial que seguiron a este caso, familiares e amigos formaron unha comisión de investigación que logrou que se celebrase un xuízo contra os responsabeis dos disparos.

 

Mikel Arregi.                                                                            Mikel Arregi.

 

En setembro de 1981, a Audiencia de Nafarroa condenou o garda civil Ginés Cecilia Rico como autor de “un delito de imprudencia simples con infracción de regulamento e resultado de morte”. A pena foi de dous meses de arresto e foi obrigado a pagar 55.449 pesetas en concepto de reparación do vehículo metrallado. Tamén se ordenou unha indemnización de dous millóns de pesetas para a familia da vítima. “Nunca máis soubemos que ocorreu co garda civil condenado”, sinala Imaz, quen cualifica aquela sentenza de “irrisoria”.

“A historia continuou cos ataques ao monólito en memoria de Arregi que se instalou en Etxarri. En febreiro de 1981, unha carga de 100 gramos de trilita rompeu a base. En outubro dese mesmo ano un vehículo a tracción derrubouno por completo. En maio de 1983, dúas semanas despois de ser reinaugurado, o monólito sufriu un atentado con 1,5 quilos de goma 2”, lembra Imaz, que destaca que ese último atentado “provocou a rotura de numerosos vidros de edificios próximos”.

Ás bombas contra o monumento seguiu o esquecemento institucional. Durante a longa etapa da conservadora Unión do Pobo Navarro (UPN) á fronte do Goberno foral, o nome de Arregi xamais apareceu en homenaxes ou recoñecementos públicos.

O Executivo cuadripartito presidido por Uxue Barkos impulsou unha lei de reparación ás vítimas de actos violentos provocados por grupos de extrema dereita ou funcionarios públicos que incluía o caso de Arregi. Contodo, esa norma foi anulada polo Tribunal Constitucional en xullo de 2018.

O denominado “goberno da mudanza” voltou tentalo en marzo de 2019 mais volveu topar con trabas: PP, Cidadáns e Vox non dubidaron en recorrer ao TC para solicitar que esa norma sexa anulada. O expediente está agora en mans dos maxistrados, que aínda non se pronunciaron a ese respecto.

“Reconciliación e reparación”

Pola súa banda, o concello de Lakuntza aprobou en novembro de 2017 unha declaración en que lembraba que “Mikel Arregi aínda non ten un recoñecemento oficial como vítima. Por iso, este Concello trata de tomar medidas para a reconciliación e a reparación”.

Eses mesmos reclamos serán expostos outra vez esta segunda-feira nos actos polo 40º aniversario da súa morte. Ás 19.30 haberá unha ofrenda floral no monólito na súa memoria. O mesmo monumento que resistiu ao esquecemento e á goma 2.

DANILO ALBIN

Público