O Goberno español viuse obrigado a revelar os complementos pagados aos axentes da policía española e da Garda Civil que participaron na operación ‘Copérnico’, coa que se pretendía impedir o referendo do 1-O e baixo a que actuaron para garantir a aplicación do artigo 155 da Constitución española. Segundo revelou o dixital catalán VilaWeb, estes complementos ascenderon a 42.140.600 euros, dos cales 21.140.600 foron para a policía española e 21.000.000 para a Garda Civil.
Son as cifras que revela un documento do Ministerio de Facenda español que ve a luz, tres anos despois do 1-O, en resposta a unha petición de Òmnium Cultural que, nun principio, foi recusada polo goberno. A previsión inicial, segundo o documento, sería de 66 millóns para a policía e de 68,5 para a benemérita. Porén, os custos dispararon por a “Operación Copérnico” durar máis tempo do previsto. España destinou 42 millóns para as primas e complementos da policía do ‘Piolín’, o barco onde estiveron aloxados efectivos policiais.