O sindicalista da CUT foi levado a Comisaría despois de varios axentes se “avalanzaren” sobre el e o deitaren ao chan cando tentava mediar entre as forzas policias e varias persoas retidas, segundo relatan diversas testemuñas. A policía acúsao de se enfrontar aos axentes e “impedir o labor poicial”.

O despexo da familia de Aríns fora adiado previamente en dúas ocasións (o 10 e o 18 de xullo). Mais desta volta, apesar das varias ducias de persoas que formaron unha cadea humana diante da casa para acudir a familia e tentaren impedir a súa expulsión da vivenda, finalmente o despexo foi levado a cabo.

Máis información aquí.