A defensa de Torres propuxo até un total de 696 testemuñas, entre eles Felipe VI, co obxectivo de acreditar como a Casa Real estaba ao corrente das actividades despregadas polo Instituto Nóos.

De feito, o letrado de Torres aseveraba que a través da entidade na que Urdangarin e Torres eran socios "xamais se fixo nada sen antes informar" o secretario das Infantas, Carlos García-Revenga, "e á Institución que el representaba e que o autorizaba todo, pois en caso contrario nada se acometía".

Mais información aquí.