A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte acordou na súa reunión do día 22 de febreiro reprobar a conduta dun siareiro que despregou unha bandeira galega coa estrela independentista no choque ante o Racing de Ferrol “creando entre os seguidores do equipo contrario unha gran axitación e alteración”.
Por ese motivo propuxo para el unha sanción económica de carácter leve de 500 euros e a prohibición de acceder a un recinto deportivo durante 3 meses.
Ademais Antiviolencia tamén recolle na súa resolución outra proposta de sanción correspondente ao duelo entre pontevedreses e ferroláns do pasado día 18 de febreiro, en concreto en relación aos incidentes previos ao encontro que obrigaron a intervir aos corpos de seguridade do Estado.
Neste caso proponse unha multa de 2.000 euros e a prohibición de acceso a un recinto deportivo durante 6 meses a un afeccionado que “arroxou unha botella de cristal de cervexa cara aos axentes de Policía nos arredores do estadio”.
Por ese motivo propuxo para el unha sanción económica de carácter leve de 500 euros e a prohibición de acceder a un recinto deportivo durante 3 meses.
Diego Espiño
Fonte: Ponte Vedra