Nesta campaña, que busca romper o bloque ilegal ao que o inventado estado sionista de Israel leva sometendo dende hai unha década a poboación palestina, faise especial incidencia no papel das mulleres palestinas na resistencia e na loita pola liberación do seu pobo. 

A campaña galega está coordinada por BDS-Galiza en colaboración coa Coordinadora galega da Marcha Mundial das Mulleres e co apoio de diversos grupos: Confederación Intersindical Galega (CIG), Sindicato Labrego Galego (SLG), Mar de Lumes, Pallasos en Rebeldía, Asociación galega contra o maltrato a menores (AGAMME) e Conas Ceives.

Ver aquí o cartaz.

Ver aquí as relatoras.