noticia
Sobre ficheiro de denuncias anónimas
O Ministerio do Interior nega información a EsCULcA

Con data 12/04, o  Ministerio do Interior notificou a EsCULcA a inadmisión da súa demanda de información sobre o ficheiro en que se incorporan datos recollidos por medios telefónicos, correo, web e aplicación no ámbito da campaña Stop Radicalismos, por supor un prexuízo para a "seguranza nacional", "seguranza pública" e a prevención, investigación e sanción de delitos.

Ler máis

noticia
Palestra na USC – Cuarta feira 20 às 20:00
Islamofobia. Dereito de asilo vs. rexeitamento social

A AU Elvira Parcero organiza unha palestra sob o título "Islamofobia: Dereito de Asilo vs. Rexeitamento Social", que terá lugar a próxima cuarta-feira, às 20:00, na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. O acto contará coa presenza de Santiago Jiménez (profesor do Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC) e Fernando Blanco (avogado e presidente de EsCULcA).

Ler máis

noticia
Presentación no Hotel Araguaney – 18/04 às 20:00
Nova campaña da Flotilla Internacional: Mulleres rumbo a Gaza

BDS-Galiza presentará o próximo dia 18/04 no Hotel Araguaney de Compostela a nova campaña da Flotilla da Liberdade: "Mulleres rumbo a Gaza". Na presentación intervirán Ana Miranda (pasaxeira do Marianne na anterior campaña da Flotilla), Asraa Azzam (xornalista xordana e membro de BDS-Galiza) e Ximena González (activista da Marcha Mundial das Mulleres).

Ler máis

noticia
Xornadas en Pontevedra e Ourense.
A avogacía na prevención da tortura e os malos tratos, inhumanos ou degradantes

Sob o título "A avogacía na prevención da tortura e os malos tratos, inhumanos ou degradantes", a Aula de Dereitos Humanos da Funcación da Avogacía Española organiza para os dias 27 e 28 de abril unhas xornadas de análise e debate da actuación perante a práctica dos delitos de tortura e malos tratos. As xornadas terán lugar nos colexios de Ourense e Pontevedra respectivamente.

Ler máis

noticia
Pesqueiro galego pode ser sancionado con 120.000€
Denunciado por izar bandeira galega de tamaño non inferior ao da española

O parte aberto pola Capitanía Marítima de Santander, pois a denuncia iniciouse cando estaba atracado en Santoña, sinala que o buque galego puido incumprir até catro puntos das normas relativas ás bandeiras nun buque. A lei establece que todos os buques deben levar como única enseña a española e que esta ten que estar ubicada nun lugar ben preferente na popa.

Ler máis

noticia
Exhibira unha faixa coa lenda “Gora Alka-Eta”
Arquivado caso contra mozo ourensán disfarzado de monicreque

O Xulgado Central de Instrución número 1 non aprecia elementos delituosos no proceder do ourensán de 29 anos disfarzado de monicreque que exhibira unha faixa coa inscrición "gora alka-eta" a terza feira do pasado entroido en Ourense. O mozo fora identificado por axentes da policía, trasladado a dependencias policiais e posteriormente denunciado.

Ler máis

noticia
probas, tortura, control político…
Xuiz da Audiencia Nacional denuncia “patoloxías” deste tribunal

“A tortura produciuse de maneira clara, e eu tiven moitos casos de sospeita forte de tortura a que os tribunais non deron resposta como corresponde a un Estado de Dereito», afirmou Ricardo de Prada, xuiz da Audiencia Nacional desde 1990, na súa intervención no Bizikidetza Foroa de Tolosa o pasado 14 de abril, en que denunciou serias "patoloxías" deste tribunal.

Ler máis

noticia
Crise das persoas refuxiadas
As cifras da vergoña. O Reino de España entre os piores

Desde que a crise petou ás portas de Europa, os Estados da UE asumiron compromisos para atender as solicitudes de asilo político presentadas por millares de persoas que foxen da guerra e da miseria. O primeiro destes foi en xullo de 2015 cando se comprometeron a acoller de maneira urxente 22 mil persoas procedentes de terceiros países, principalmente Xordania, Turquía e Líbano.

Ler máis

noticia
Despois de o desmantelar a Policía Francesa
Denuncian a desaparición de polo menos 129 crianzas no acampamento de Calais

Aterrador. A comisaria para os Dereitos da Crianza no Reino Unido, Anne Longfield, pediu ás autoridades francesas que tomen medidas para que a crianzas abandonadas do campamento de refuxiados de Calais (Francia) se reunan inmediatamente cos seus familires no Reino Unido e advertiu que polo menos 129 delas están agora mesmo en situación de "desaparecidas".

Ler máis

noticia
Parlamento Europeu aprova diretiva “Trade Secrets”
Em causa “liberdade de expressão e interesse público”

11 dias após a divulgação dos papeis do Panamá, a liberdade e o direito de informação, a liberdade de expressão e o interesse público foram seriamente postos em causa pela aprovação o 14/04 do Relatório sobre a "proposta de diretiva relativa à proteção de know-how e informações comerciais confidenciais (segredos comerciais) contra a sua aquisição, utilização e divulgação ilegais".

Ler máis

entrevistas
“A prensa dominante non tratou Resistencia Galega desde o xornalismo senón que fixo de aparato informativo a prol do Estado”

Ler máis

opinion
Asilo e islamofobia en Europa

Ler máis

noticia
‘código de silêncio’ entre policiais da cidade
74% das pessoas baleadas pela polícia de Chicago som negras

A polícia de Chicago, nos EUA, “não tem consideração pela santidade da vida quando se trata de pessoas negras”, concluiu um relatório divulgado nesta quarta-feira (13/04). O documento foi produzido por uma força-tarefa que analisou a instituição nos últimos meses e é formada por nove profissionais de áreas diveras, como assistentes sociais, procuradores e juristas.

Ler máis

noticia
Considerada nova invasão da privacidade
PE aprova polémica diretiva sobre registo de passageira/os aérea/os

A recolha de dados será obrigatória para os voos operados entre entre a União Europeia e países externos e deixa em aberto a possibilidade do registo ser realizado, também para os voos dentro do espaço europeu.  A diretiva, aprovada com 461 votos a favor, 179 contra e nove abstenções, foi apresentada pela primeira vez em 2011 como uma ferramenta para lutar contra o terrorismo.

Ler máis

mediateca
Combatir la islamofobia

Ler máis

noticia
Forte dispositivo permanente no aeroporto
Eurodeputado sometido a control por axentes israelitas en Barajas

O eurodeputado Miguél Urbán (Podemos) e o seu colaborador Juan Peris foron sometidos no aeroporto de Barajas a inspeccións e interrogatorios durante mais de dúas horas por axentes de seguranza da embaixada de Israel en Madrid antes de seren autorizados a embarcar rumbo a Tel Aviv, a pesar de o eurodeputado mostra o seu pasaporte diplomático da UE. 

Ler máis