Explica o editor de Llibres del Delicte, Marc Moreno, que A la seva pel é un thriller carcerario, inspirado nos casos denunciados no documentario Ciutat Morta, o aprisonamento do activista Rodrigo Lanza e o suicidio da poetisa Patricia Heras. A partir deles, a autora, Raquel Gámez Serrano, constrúe unha trama de fición en que relata as condicións de vida das persoas presas e xera debate sobre os procesos de reinserción que son levados a cabo nas prisións catalás. Gámez, com esta novela, debuta na literatura de xénero.