O auto de arquivo, con data do pasado 5 de xaneiro e asinado polo xuíz José María Escribano, sinala que "non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que deu lugar á formación da causa". O auto dá un prazo de cinco días para presentar alegacións ao arquivo.

Co arquivo dos cargos por delitos de odio ficaría totalmente pechada a causa contra os dous titeriteiros despois de que en setembro de 2016, o propio xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno -o mesmo que ordenou prisión preventiva para  A.L. e R.G.- arquivase os cargos por enaltecemento do terrorismo.

"Temos unha valoración moi positiva porque se arquiva a causa e non vai haber xuízo", explica Daniel Amelang, un dos avogados da cooperativa Rede Xurídica que traballaron na defensa dos titeriteiros. "Mais cun pequeno matiz, que o arquivo é provisorio e non libre. Imos recorrer para que haxa un arquivo libre e que a xudicatura recoñeza que esta obra non era delituosa, non só que eles non cometeron delitos", engade.

Ver máis.