Julian Casablancas, Patti Smith e máis únense en favor da Palestina
A carta, que é asinada por 600 persoas do mundo da música, apela aos colegas da industria. Pédese un boicote a Israel e a non continuar promovendo os concertos nese estado ‘pola violencia contra a Palestina’
Alén de Julian Casablancas e Patti Smith, salientan nomes como Roger Waters (Pink Floyd), Serj Tankian (System of a Down), Rage Against the Machine, Chromeo, Owen Pallet, o produtor chileno Nicolas Jaar, Run the Jewels, Questiove (The Roots), Noname, entre outros.
“Demandamos xustiza, dignidader e o dereito á auto-determinación do pobo palestino e todos os que loitan contra os vestixios colonizadores e a violencia no planeta”, sinala a carta de Musicians For Palestine.
“Chamámoste a unirte co teu nome e negarte a actuar nas institucións culturais cómplices de Israel”, continúa o escrito. “cremos que isto é esencial para un día podermos vivir sen segragacións nin apartheid”. E finaliza chamando a non perpetuar o silencio á volta desta causa.
Ao longo dos anos, múltiplos persoas do mundo da música mostraron o seu apoio a Palestina negándose a actuar en Israel, inclusive os xa mencionados Julian Casablancas e Roger Water, e outros como Lorde, que cancelou un concerto en Israel despois de llo pediren os seus seguidores.
Dua Lipa
Pola súa parte, a artista máis famosa do momento, gañadora de 3 Premios Grammy e da estatueta como a Mellor Británica Feminina nos Brit Awards, manifestou o seu apoio a Palestina durante os ataques partillando un cartaz nas súas historias de Instagram co hashtag #SaveSheikhJarrah, en referencia ao bairro palestino ameazado de despexo.