aplicación dunha série de leis de excepción que vacian de contidos princípios universais do direito, garantias básicas e direitos fundamentais da persoa detida e procesada. A interpretación extensiva de tipos terroristas e a aplicación desta lexislación excepcional, deu lugar à vulneración de direitos fundamentais, do direito à defensa e do direito à presunción de inocéncia.

Neste contexto, devemos mostrar a nosa preocupación polas condicións en que se desenvolveu a instrución deste sumário. Entre outras, a entrada e rexisto de bufetes sen as garantias devidas ao segredo profisional e à confidencialidade das comunicacións con os clientes; a dilación indevida do proceso e o abuso das medidas cautelares, tais como a prisión preventiva até o máximo de catro anos e a suspensión xudicial da actividade destas asociacións.

Por todo isto, queremos facer constar que:

– Denunciamos a vulneración do direito à defensa e ao segredo profisional.
– Esiximos a derrogación de tribunais de excepción tais como a Audiéncia Nacional.
– Rexeitamos a criminalización do exercício do direito à defensa con o fin de limitá-lo.
– Rexeitamos a arbitrária e inadmisível extensión do conceito de terrorismo até atinxir actividades públicas e democráticas acollidas ao direito da liberdade de expresión e à acción política e social libre.

A AED acompañará de perto o proceso 33/01 para, no seu caso, denunciar e facer públicas as vulneracións que puderen producir-se en relación ao direito a un xuízo con todas as garantias e ao exercício ao direito à defensa.

Amsterdan, 19 de Abril 2008.