Por atrás destas mortes existen crónicas e relatos encubertos que teñen un denominador común: teren sido provocadas pola desidia burocrática, a desatención sanitaria, o atraso na hospitalización ou excarceración, nunha intervención cirúrxica ou na aplicación dun tratamento médico especializado.

 

Resultado de imagem para muertes en prisión

 

A Asociación de Funcionarios de Prisiones Unidos, fan público e denuncian através de “Necrológicas SOSprisiones” que desde o 1 de decembro de 2018 até o 14 de abril, en apenas 4 meses, 69 persoas faleceron» nos cárceres españois. Este sangrento, ocultado e grave gotexar de mortes dentro dos cárceres é maioritariamente de persoas novas que morren por causas non naturais, moitas en réxime de confinamento solitario. Recollen a macabra descrición dos métodos finais que desencadearon estas mortes: suicidios, esganamentos, inxesta de fármacos ou «inxesta de pillas» ou supostas sobredoses. Nin máis nin menos que unha persoa morta cada dous días. Non sabemos a que intereses responde esta denuncia, mais alegrámonos de que o funcionariado de prisións se ocupe de facer visibeis estas mortes, alén das súas reivindicacións laborais.

A buro-represión é unha forma de violencia institucional que opera con dispositivos administrativos cuxo resultado final provoca que persoas privadas de liberdade sob custodia estrita da administración, que é portanto quen ten a responsabilidade sobre as súas vidas, paradoxalmente perdan a vida sen carrascos aparentes en institucións do Estado. Quer dicir, o que podemos denominar, «mediante a aplicación extraxudicial da pena de morte», a omisión do deber de socorro e mesmo a negación da vítima.

Efectivamente durante hai demasiado tempo, son millares as persoas que morreron, morren e morrerán dentro do cárcere ou, pouco despois de seren excarceradas, para que morran fora e non alarguen aínda máis as desorbitantes taxas de mortes nas prisións españolas. Segundo os datos dos que dispomos, a maioría de fontes oficiais, nos últimos 40 anos, máis de 15.000. Tal e como viñemos denunciando, moitas delas en condicións de confinamento solitario e desespero, a maioría por causas non naturais. Ademais, son sobretodo mortes de persoas novas, de persoas doentes e, na súa práctica totalidade, mortes non investigadas polas autoridades políticas, administrativas ou xudiciais.

Por atrás  destas mortes hai crónicas e relatos encubertos que teñen un denominador común: teren sido provocadas pola desidia burocrática, a desatención sanitaria, o atraso na hospitalización ou na excarceración, nunha intervención cirúrxica ou na aplicación dun tratamento médico especializado, así como a incorrecta aplicación dos protocolos ante doenzas infecto contaxiosas, problemas de doenza mental que provoca a prisionización, ou nos casos de risco de suicidio ante a desesperación que provoca o encerramento.

Entretanto, algúns coñecidos e malparados familiares das vítimas de delitos mediáticos se autooutorgan a representación das supostas vítimas do mundo enteiro. Piden ávidos de vinganza e encharcados de resentimento, cando non abducidos por intereses espurios alleos totalmente a un desexo de reparación, a aplicación da prisión permanente e a súa ampliación a novos supostos, para os autores últimos de barbaridades que xamais se prevén, tratan e erradican recorrendo á prisión, e afinal, convértense no mesmo que quen perpetrou eses execrabeis actos. Parece ser que as vítimas do cárcere e os seus familiares, quer dicir, da buro-represión estatal, son vítimas de segunda clase que podemos ignorar, desrespeitar e negar en relación coas vítimas de feitos delituosos que se dan fóra da esfera institucional e que non deixan de ser repudiabeis.

Xa abonda de hipocrisía. O diñeiro e o odio non poden gobernar as nosas vidas. Para comezar a edificar un sistema de xustiza que se fundamente na prevención e loita contra a criminalidade podemos comezar respondendo a preguntas fundamentais que, por desgraza, o discurso e a práctica criminolóxica oficial, que vive e tira proveito da súa visión e xestión do delito, se dedican a ocultar:

Por que en prisión están os autores últimos de supostos feitos delituosos a que outros induciron ou provocaron, están fundamentalmente bodes expiatorios ou cabezas de turco? Por que as policías se dedican case sempre a perseguir os autores de delitos comúns e non a investigar os delitos maiores que só excepcionalmente son percibidos, procesados e penalizados? Por que interesa potenciar a industria carceraria que nos custa 30.000 euros anuais por persoa da que vivimos moitas empresas e particulares á conta de encerrar e abandonar, cando non exterminar persoas excluídas?, etcétera.

Demasiadas preguntas sen expor que provocan o que a criminalidade real e con maiúsculas converte as nosas sociedades en estruturas que conviven e se reproducen grazas ao ilegalismo e á impunidade fronte ao delito amparada pola inexistente da seguranza xurídica. Se somos incapaces tan sequera de garantir o dereito á vida de persoas que están sob custodia do Estado como imos garantir os dereitos fundamentais do resto da cidadanía?

Resulta fundamental coordinarse para obrigar o Estado a investigar, para tratar de deter este xenocidio carcerario, desenterrar, abrir procesos xudiciais, así como coordinar os interpostos ao longo e largo do Estado por algunhas das familias das vítimas. É unha tarefa urxente e prioritaria no ánimo de facer visibeis os crimes de Estado, esclarecer responsabilidades, establecer dispositivos para que isto non ocorra e, sobretodo, brindar apoio psicosocial a estes millares de vítimas da violencia exercida polo Estado que non só non son recoñecidas, senón que son ignoradas cando non criminalizadas.

Ademais, tan urxente e necesario é crear un modelo de seguranza pública e de prevención e loita contra o delito que non se rexa por criterios clasistas, racistas e sexistas. Non esquezamos que un dos principais impedimentos para garantir a seguranza, e combater a delincuencia, é o propio sistema policial e prisional cuxa función é garantir a seguranza do Estado e das elites de poder que o controlan e non a seguranza das persoas.

César Manzanos Bilbao

Naiz