Segundo a súa propia constitución, o Reino de España é un estado aconfesional, non un estado laico, o que limita a independencia dos poderes civis. Mais, apesar das súas limitacións, a aconfesionalidade obriga os poderes públicos a respectaren o principio de neutralidade en materia relixiosa e veda calquera tipo de confusión entre funcións relixiosas e institucionais, así como calquera tipo de discriminación en favor dunha determinada fé.